Pontevedra prepárase para surfear o Lérez

Furious Monkey House, Soulmacklein e La Casa de los Ingleses aproveitan o festival da Illa das Esculturas, no que tamén estará Flip Corale, para presentar novos traballos

Flip Corale en concerto. DAVID FREIRE
photo_camera Flip Corale en concerto. DAVID FREIRE

Catro grupos de Pontevedra participarán este ano no festival Surfing the Lérez, que se celebra este sábado, ao longo de todo o día, no parque da Illa das Esculturas. Tres deles, Furious Monkey House, Soulmacklein e La Casa de los Ingleses aproveitarán para presentar temas dos seus novos discos. "A aposta polos grupos locais é algo que mantense dende sempre", recoñece o coordinador do evento, Marcos Rivas. "Ogallá puidésemos meter aínda máis".

A primeira banda en saltar ao escenario é precisamente de Pontevedra. Trátase de Flip Corale, o proxecto que lidera Arturo Delgado. "Nuestro repertorio es de rock clásico de los años 60 y 70, adaptado al castellano. Con algo de garage y folk. Los temas son canallas, piratas... Se podría decir que lo nuestro es un folk rock filibustero de las Rías Baixas", conta o cantante e guitarrista. "Este año nos toca hacer un poco de sparring, saltando los primeros. Pero siempre es un momento especial para nosotros estar ahí".

Tamén lle fai especial ilusión aos rapaces de La Casa de los Ingleses subir ao escenario do Surfing the Lérez, "o festival que máis nos gusta, un dos mellores", di o vocalista da banda de indie pop, Anxo Guerra. "A idea que levamos é a de presentar o noso novo disco, que acaba de saír á rúa. De feito, na Illa será no primeiro sitio onde estará á venda". La Casa de los Ingleses acaba de publicar La Tierra es plana, o seu segundo traballo. "Penso que o grupo deu un salto de calidade e apostou por un traballo máis profesional". Gravárono en Garate Studios (Andoain, Guipuzkoa) e foi producido por Juan Hernández.

REGGAE. Un cambio bastante máis importante na súa proposta musical é a que presentará Soulmacklein. O que fora membro do grupo de hip hop Delahoja, lanza o seu primeiro traballo en solitario apostando polos sons reggae. "El de la Illa das Esculturas será el primer concierto de mi vida que daré con una banda. Voy con muchas ganas". Soulmacklein arrouparase de músicos veteráns da escena local reunidos como Positive Band.

Finalmente, unha das actuacións centrais deste ano será a de Furious Monkey House. O grupo de Gonzalo Maceira, fondamente ligado ao festival, aproveitará para presentar temas do seu segundo disco, que lanzará en outubro. "Xerá xenial probar aquí as novas cancións", di Maceira. "Tocar na casa sempre é especial. Porque ademais adoramos este festival. É o noso favorito".

Solidariedade
Leite, cacao, café, produtos de hixiene e tapóns


A entrada aos concertos do Surfing the Lérez é de balde, pero o festival volve ter, como dende hai anos, un carácter solidario. Así, solicítalle aos asistentes que colaboren con Redeaxuda e con La Taponeta. Por unha banda, recolleranse alimentos e, por outra, tapóns para a Fundación Amigos de Galicia, que destina o que se recada a terapias para nenos con discapacidade. "En canto aos alimentos, pedímoslle á xente que non traia nin legumes, nin pasta, nin arroz, por haber excedente. Se pode ser que colaboren con leite, café, cacao e produtos de hixiene como compresas".

 

Infantil
Escenario Bonobo e carpa de actividades


As actividades infantís volven contar con espazos propios no Surfing the Lérez. "Haberá un escenario Bonobo e unha carpa na que se realizarán xogos, talleres e outras actividades", explica Marcos Rivas.

Do escenario Bonobo encargarase a academia do mesmo nome. Segundo explica Gonzalo Maceira, as actuacións comezarán aí ás 12.00 horas co proxecto Noise in the jungle, no que arredor de 30 cativos tocan instrumentos de música electrónica. "Despois irán pasando, ao longo do día, ata 40 grupos, xurdidos en Bonobo, coas súas propias propostas".

Artistas destacados do cartel deste venres por tramos horarios

14.30 Terbutalina. A sesión da mañá, que inclúe a Flip Corale (12.15), The Lákazans (13.00) e Oh! Ayatolah (13.45), rematará con Terbutalina.

18.40 Agoraphobia. Mad Martin Trio abre a tarde (15.25) con La Casa de los Ingleses (16.20), Soulmacklein (17.05) e The Trunks (17.55). Despois chega Agoraphobia

19.35 Eladio y los Seres Queridos. A última parte da tarde encabézaa Eladio y los Seres Queridos, aos que seguirá o concerto de Furious Monkey House (20.30).

21.30. Escuchando Elefantes. Metidos na noite tocarán Escuchando Elefantes. Tralo dúo que conforman Silvia Rábade e Carlos Tajes chegarán The Limboos (22.20)

23.25 Ángel Stanich. O festival rematará co concerto do único artista do cartel de fóra de Galicia, Ángel Stanich, que repite despois de estar en 2015.

Comentarios