Pontevedra presenta un 'peto colaborativo' para "conectar a potencia creativa" da cidade

Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA
photo_camera Anabel Gulías. GONZALO GARCÍA

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulias presentou na mañá deste mércores a Redeira PO2, concibida como unha rede de colaboración e como "un espazo de pensamento e acción e que se presente como xerador de oportunidades". Neste sentio, o piar deste proxecto é a posta en marcha do peto colaborativo que, en palabras da concelleira "é o primiero paso para poñer en común e conectar toda a potencia creativa que temos na nosa cidade".

Anabel Gulías, que estivo acompañada pola responsable do proxecto Mariém Filgueira, explicou que a aplicación web permitirá poñer en valor "proxectos interesantísimos que nacen na nosa cidade e traballos de asociacións que traspasan as fronteiras da nosa cidade e que permitirá conectar todas estas idade e poñelas en común". Tamén indicou que este peto colaborativo é "froito da experiencia que estivemos vivindo co covid e dese período no que estivemos illados, e que nos fixo decatarnos da necesidade de mecanismos para unirnos e crear".

O peto colaborativo nace xa con preto de 100 persoas inscritas, que son as que participaron na fase de probas do proxecto. A partires de agora, todas as persoas que desexen formar parte do proxecto deben solicitar a inscrición no mail [email protected] para poderooptar ás demandas e ofertas que se recollen na web.

Mariém Filgueira explicou que o funcionamento da aplicación é moi doado e intuitivo e permite a conexión entre persoas de xeito individual ou colectivo, pero que esa relación debe ser de axuda e colaboración sen ningún tipo de fin lucrativo. Así, o tipo de solicitudes e ofertas que se expoñen na aplicación versan, por exemplo, sobre información sobre saúde financieira ou peticións sobre espazos para realizar cursos e charlas. 

Comentarios