martes. 28.01.2020 |
El tiempo
martes. 28.01.2020
El tiempo

Pontevedra presume de ter xa cumpridos boa parte dos obxectivos da Axenda 2030

Lores durante a súa segunda participación no COP25. DP
Lores durante a súa segunda participación no COP25. DP
Lores participou este sábado nunha segunda conferencia na COP25 en Madrid, onde se celebra o Cumio do Clima da ONU, para abordar a incidencia da contaminación atmosférica na saúde
 

Pontevedra volveu estar presente onte nas actividades organizadas en Madrid con motivo do Cumio do Clima. Neste caso, fíxoo participando na mesa de debate ‘As políticas municipais fronte á contaminación atmosférica e o cambio climático’, unha actividade paralela organizada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social no espazo administrado pola Unión Europea, dentro do Ifema, onde se desenvolve o Cumio COP25 de Nacións Unidas entre o 2 e o 13 de decembro. 

É a segunda  vez nunha semana que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores se traslada a Madrid para tomar parte nunha das conferencias oficiais para presentar a experiencia de Pontevedra, exemplo de boas prácticas en aspectos  de máxima actualidade ao estar concibido como un modelo holístico.  A primeira participación foi no foro organizado polo Ministerio de Fomento sobre ‘Experiencias inspiradoras: urbanismo e  clima’, e nesta segunda ocasión a cita estivo promovida  polo Ministerio de Sanidade para abordar a contaminación atmosférica e as súas consecuencias para a saúde. 

O alcalde de Pontevedra que foi presentado por Faustino Blanco, secretario de Estado de saúde e consumo, explicou que a cidade do Lérez "leva 20 anos traballando por mellorar a calidade  de vida dos seus veciños e veciñas seguindo todas as pautas máis avanzadas do mundo saídas da carta de Aalborg, da  cumbre de Río, do Habitat I, Habitat II...  Levando á práctica como eixo fundamental o respecto ao medio nos espazos urbanos que están sendo deteriorados especialmente polo uso do vehículo privado e pola ocupación do espazo público". O alcalde engadiu que, consecuentemente, "con ese traballo  e co apoio da veciñanza, Pontevedra ten uns resultados que superan xa este ano as previsións da Axenda 2030". 

COS CIDADÁNS. O rexedor nacionalista destacou que as decisións políticas "consensuadas cos cidadáns" teñen efectos positivos para evitar o cambio climático. Por iso fixo un chamamento á responsabilidade dos políticos municipais "que teñen que asumir as súas competencias con valentía e determinación", dixo,  porque "sinceramente cremos que non se está avanzando o suficiente, especialmente por parte dos Estados, das empresas e tamén por parte dalgúns municipios". 

Lores dixo que lle gustaría que o Cumio do Clime "fose  máis  efectivo", pero tamén subliñou que está poñendo no primeiro plano da opinión pública a situación na  que está o planeta. Por parte do público e dos ponentes quedou patente o respecto polo  modelo de Pontevedra, que supón "un avance nas políticas municipais e ambientais", reiterou o alcalde. De  feito, o modelo pontevedrés estivo presente en todo o debate como punto de referencia de actuación para outras cidades e vilas do Estado, dende Madrid, a Barcelona ou Valladolid, presentes neste encontro. 

Xunto a Miguel Anxo Fernández  Lores, tamén participaron na actividade tenente de  alcalde de Madrid Begoña Villacís; o alcalde de Valladolid, Óscar Puente; o concelleiro de Emerxencia climática e transición ecolóxica  de Barcelona, Eloi Badia, e o representante en España da Comisión  Europea, Francisco Fonseca. 

A mesa foi moderada polo secretario de Estado de Saúde e Consumo, Faustino Blanco.

Pontevedra presume de ter xa cumpridos boa parte dos obxectivos da...
Comentarios