"Pontevedra é a provincia galega que máis prostitución concentra"

Silvia Pérez Freire é voceira da Rede Galega contra a Trata. Contraria a legalizar a prostitución, di que o sindicato creado en Cataluña foi por iniciativa dos proxenetas

Silvia Pérez Freire. INTERNET
photo_camera Silvia Pérez Freire. INTERNET

Integrante da Rede Galega contra a Trata, entidade da que actualmente é voceira, a socióloga Silvia Pérez Freire leva máis dunha década investigando sobre violencia de xénero e prostitución. Ademais é coautora do libro ‘El putero español’ xunto a Águeda Gómez Suárez e Rosa María Verdugo Matés.

Nos últimos anos estase a rexistrar un cambio de tendencia: as prostitutas deixan a rúa e os prostíbulos polos pisos, por que?

Non se debe a unha decisión das mulleres que exercen. Iso ten que ver co cambio da normativa e coa integración no Código Penal da lei contra a trata no 2010. Desde entón fanse inspeccións periódicas e de obrigado cumprimento. Iso fixo que moitos donos e proxenetas que tiñan varios clubs cambiaran o negocio a estes pisos porque aí, para que a Policía poida entrar, necesita unha orde con sospeita ou claros indicios de que se está cometendo un delito. Polo tanto, non teñen inspeccións. Antes moitos dos pisos que existían eran de mulleres que levaban moito tempo exercendo e que pasaban a estes emprazamentos, pero neste caso non. Nos clubs resisten os que gastaron cartos a esgalla nas rehabilitacións dos edificios e intentan aguantar por rendibilizar ese investimento.

No caso de Galicia, hai algunha provincia que despunte sobre as outras no que respecta á prostitución?

Hai unha concentración da prostitución vencellada á masculinización de determinados empregos. Por exemplo, non é casual que os clubs ou as mulleres que exercen na rúa o fagan nos polígonos industriais, nas zonas de turismo costeiro... Pontevedra quizais sexa a provincia que máis prostitución concentra, vencellado tamén a que ten maior actividade mica, industrial e turística. Iso non só pasa en Galicia. Tamén en Cataluña, Levante, Andalucía... O negocio colócase onde os clientes poidan ser máis. Por exemplo, agora os pisos estanse colocando nos centros das cidades, preto dos bancos, nos cascos vellos...

Pódese establecer un perfil do cliente da prostitución?

Todos os estudos coinciden en que non existe un perfil socio-demográfico do cliente ou ‘putero’. No que si pode haber diferenza é nas prácticas sexuais, é dicir, que haxa unha clara intención de realizar prácticas sexuais na prostitución que non se negocian, porque, iso si, case todos teñen unha característica que desbanca os mitos que hai arredor do cliente, e é que o que paga por sexo normalmente ten parella e acode á prostitución para non ter que negociar determinadas prácticas, como pode ser o sexo anal ou outro tipo de prácticas nas que o pracer da outra persoa importa menos. Esa figura solitaria e con poucas habilidades sociais é unha minoría. A maior parte teñen parella. É máis, moitas veces declaran que non se encontran moi satisfeitos na relación sexual coa prostituta porque din que é fría. E é que eles disfrazan esa relación comercial como se fose produto dun ligoteo. As prostitutas póñenlle certas condicións (non quero bicar, etc), quen pode negociar, porque moitas delas, pola súa situación, non negocian. De feito, non é casual que moitas manteñan relacións sen protección ante un incremento do pase. Hai un abuso nesta negociación, se é que se pode chamar así.

Cre que hai mulleres que exercen voluntariamente a prostitución?

Ante unha dificultade de oportunidades as mulleres intentan sobrevivir, entón é esperable que poidan tomar a decisión de exercer a prostitución. Iso hai que respectalo, pero, para min, que unha persoa estea sendo explotada voluntariamente, como hai noutros sectores, non o fai legalizable, nin creo que o Estado non deba asumir unha responsabilidade nesa explotación. Eu creo que a explotación sexual claramente vulnera dereitos porque xera un dano. Dá igual que o decidas ou non, vaiche xerar un dano de saúde psíquica e mental.

Se estamos falando de sexo e o teu pracer non importa, ata que punto iso se pode chamar sexo san?

É contraria á legalización. Si, claro. Moitas veces disfrázase o concepto de legalización para legalizar as mulleres. Eu si creo que se debe legalizar as mulleres, pero con condicións dignas. Non para exercer esta actividade, senón para poder ter unha actividade. Moitas son inmigrantes irregulares e por moito que legalices a prostitución elas non van poder traballar. Por outra banda, hai moitas que están con papeis e non se dan de alta en autónomos, que poderían facelo hoxe. Ninguén o impide.

Por que non o fan?

Porque hai unha grande estigmatización social. Iso é a pescada que se morde a cola. Paréceme moi respectable quen o defenda. É unha solución a medio prazo para saír das condicións de absoluta exclusión social nas que se atopan, pero é un regalo envelenado, porque realmente non estás construíndo para o seu desenvolvemento. Non melloras a situación, senón que empeoras a situación xeral de todas as mulleres e a delas en particular. Eu teño desenvolvido programas de inserción sociolaboral con colectivos de mulleres que eu non dixen que foran prostitutas e en canto a empresa o soubo xa as estaban extorsionando. Respecto ao sindicato de traballadoras sexuais que se creou en Cataluña, cónstame que non o crearon prostitutas, senón proxenetas. Se se quere atacar a trata e a explotación sexual existen ferramentas para facelo e se non se fixo ata agora ten que ver unicamente coa ideoloxía machista na que aínda estamos metidos. Cando digo que os clientes non teñen perfil é porque tamén son xuíces, de estranxeiría, policías, xefes de empresas... A eles encántalles ter un exército de mulleres á súa disposición. Os homes con máis poder, iso si que mo dixeron moitas mulleres prostitutas, son os peores clientes, no sentido de que son os máis daniños para elas porque actúan como se foran un corpo.

Comentarios