sábado. 05.12.2020 |
El tiempo
sábado. 05.12.2020
El tiempo

Pontevedra reinventa as súas festas

Presentación das festas. JAVIER CERVERA
Presentación das festas. JAVIER CERVERA
Como viñera anunciando a concelleira de Festas, Carme da Silva, desaparecen os grandes eventos en favor de actuacións de pequeno formato

O Concello aposta polo pequeno formato e pola escena local nunha programación de verán con case 300 actividades de diferentes disciplinas artísticas a celebrar en 13 espazos distintos entre xullo e agosto. Desaparecen os grandes eventos en favor das medidas de seguridade sanitaria. Na presentación do programa, que tivo lugar na Praza da Peregrina, actuaron en directo Marcelo Dobode e Cora Velasco.

Coas actuacións en directo de Marcelo Dobode e Cora Velasco, ao mediodía na Praza da Peregrina, e coa presenza dunha importante representación dos artistas contratados, o Concello de Pontevedra presentou a súa programación de verán para os meses de xullo e agosto.

"Estas son unhas festas diferentes que permitirán que Pontevedra se poida vivir este verán", dixo o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, en referencia ao lema dos festexos este ano: 'Pontevedra vívese!'. "Reinventamos as festas. O Concello nunca tirou a toalla. Queremos aproveitar para poñer en valor un sector moi importante para a cidade e que sufriu especialmente as consecuencias do confinamento".

Como viñera anunciando a concelleira de Festas, Carme da Silva, desaparecen os grandes eventos en favor de actuacións de pequeno formato. O obxectivo: tratar de evitar que se produzan rebrotes importantes de coronovirus na cidade e favorecer que se cumpran as medidas de seguridade sanitaria.

Segundo se anunciou, o programa está composto por preto de 300 actividades de diferentes disciplinas artísticas, que se celebrarán en 13 espazos distintos: Praza de España, Alameda, Parque das Palmeiras, A Ferraría, A Pedreira, Barcelos, Campolongo, Xardíns María Victoria Moreno, Os Gafos, A Curtidoira, Parque Amalia Álvarez, Xardíns da Parda e Monte Porreiro. 

O Memorial Ricardo Portela, que se celebra a próxima fin de semana (17 e 18 de xullo), dará inicio a este programa que incluirá espectáculos para nenos de Baobab, Ce Orquestra, Mago Noel, Píscore e Uxía Lambona e a banda molona, así como concertos de Davide Salvado e Fransy González, Laura Lamontagne e PicoAmperio, MJ Pérez, Najla Shami, María do Ceo, Woyza, Leilía, De Vacas, Eladio y los Seres Queridos, Sumrrá, Baiuca e Rosa Cedrón, entre outros. A programación inclúe tamén propostas que tratan de manter vivo o espírito doutras de moito éxito de público como 'Noites de jazz' (en lugar do Festival de Jazz) e 'A rebulir!' (en lugar de Itineranta).

Programación completa das festas: www.pontevedra.gal

Pontevedra reinventa as súas festas
Comentarios