Pontevedra sáciase con cebada e lúpulo grazas á feira Pontebirra

O evento está aberto ata este domingo 19 ► No brindis inaugural participaron Tino Fernández, Yoya Blanco e Marcos Rey
Un momento do brindis inaugural de Pontebirra 2021. CEDIDA
photo_camera Un momento do brindis inaugural de Pontebirra 2021. CEDIDA

Dende o mércores e ata este domingo 19 de setembro Pontevedra desfruta da feira de cervexa artesá Pontebirra, un evento organizado pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns coa colaboración da Concellería de Promoción Económica e Turismo, en que xa se poden degustar ata 70 tipos de cervexas diferentes.

No brindis inaugural participaron o tenente de alcalde, Tino Fernández; a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco, e o tamén edil socialista Marcos Rey.

Unha ducia de cervexeiros artesáns procedentes de toda Galicia, Toledo e Madrid participan neste festival, que se sitúa na Praza da Ferrería e que tamén conta con varios food trucks.

En canto aos horarios, este venres e sábado Pontebirra abre entre as 12:00 e a 1:00 horas e o domingo farao entre as 12:00 e as 23:00 horas.

Cervezas Pontebirra

No encontro danse cita as marcas Nós Cervexa Artesanal (Vigo), Trisk-Ale (Nigrán), Atlántica (Vigo), Menduíña (Cangas), Irmaos de Lei (Vigo), The One (Sanxenxo), Bubela (Lugo), Go (Madrid), San Nicasio (Leganés), Alé Alé (Uxes, A Coruña), Meiga (Pontevedra) e La Sagra (Toledo).

En canto á oferta de comida, os asistentes poden atopar os food trucks Monster (grella), Chac Mool (Tex-Mex), Caleyes (comida asturiana), Crepería Sebastián (crepes), Pizzería Artesá (pizzas), Baden Baden (salchichas alemás) e Croquetas De (croquetas caseiras).

Comentarios