Pontevedrá seguirá este xoves en aviso amarelo por fortes choivas

Espéranse precipitacións por encima dos 40 litros por metro cadrado en 12 horas
O paraugas tamén será necesario este xoves. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera O paraugas tamén será necesario este xoves. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O aviso amarelo por choivas manterase nas primeiras horas deste xoves, 17 de outubro, na provincia de Pontevedra e na montaña de Ourense. 

Así consta no Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, e recollido por Europa Press, no que se indica que durante a madrugada deste xoves aínda se rexistrarán choivas persistentes na metade sur. 

En concreto, ata as 3.00 horas deste xoves manterase o aviso na provincia de Pontevedra por precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en 12 horas. 

Pola súa banda, na montaña de Ourense persistirá o aviso amarelo ata as 6,00 horas por precipitacións superiores aos 40 litros por metro cadrado en 12 horas.