lunes. 10.08.2020 |
El tiempo
lunes. 10.08.2020
El tiempo

Pontevedra suma novas prazas á oferta hostaleira coa apertura dun novo hostal

Visita a Acolá Rooms. CONCELLO
Visita a Acolá Rooms. CONCELLO
"Queremos dignificar el modelo de pensión, que se ha quedado un poco abandonado y obsoleto", indican os promotores de Acolá Rooms

O parque de prazas hostaleiras medra en tempos de coronavirus. Candela Garrido, xunto a outros membros da familia, acaba de pór en funcionamiento un novo hostal no número 22 da rúa Ferreiros que conta con oito habitacións dobres, 16 prazas que enriquecen a oferta do sector na cidade capitalina.

As instalacións, que responden ao nome de Acolá Rooms, foron visitadas este venres polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o concelleiro de Urbanismo, Xaquín Moreda, que puideron comprobar ‘in situ’ a filosofía do proxecto. "Queremos dignificar el modelo de pensión, que de un tiempo para aquí se ha quedado un poco más abandonado y obsoleto", sinala Garrido. As habitacións exhalan aire minimalista e moderno, e todas contan con baño privado. O prezo de saída é de 50 euros por estancia.

En realidade, a apertura estaba prevista para Semana Santa, pero a pandemia atrasou os plans. O hostal abriu o luns e o martes recibiu aos primeiros clientes, uns peregrinos que contactaron coa familia interesados noutros aloxamentos que rexenta a famlia, dous albergues situados na ráu Arcebispo Malvar. Polo momento, Booking aínda non puido adherir o establecemento á súa lista, "porque aún ha de verificar que realmente funcionamos y estamos abiertos".

A diana está posta nos hóspedes peregrinos, pero o cliente obxectivo é moito máis amplo:. "Esto lo hacemos pensando en el turismo de Pontevedra. Obviamente, el Camino es una parte importante, pero somos de los que defendemos que Pontevedra ‘ben vale dúas noites’, por la gastronomía, la proximidad de las playas, la ciudad...".

Pontevedra suma novas prazas á oferta hostaleira coa apertura dun...
Comentarios