miércoles. 11.12.2019 |
El tiempo
miércoles. 11.12.2019
El tiempo

Pontevedra súmase ao novo 'himno' contra as violencias machistas

O feminismo pontevedrés chama as mulleres a participar o venres na 'performance' que está dando a volta ao mundo coa letra de 'Un violador en tu camino'

A chama prendeuse en Chile e non tardou en chegar a México, Alemania ou España. E séguese estendendo. A performance que está enchendo prazas do mundo coa letra e a coreografía da canción Un violador en tu camino chegará este venres a Pontevedra.

Convocatoria para este venres. DPO feminismo pontevedrés convocou o acto de denuncia para o venres ás 12.30 horas na Peregrina, para "elevar a mensaxe das compañeiras chilenas". Así que chama a "todas as mulleres que queiran participar", coa idea de "facela exactamente como o fixeron elas".

A iniciativa que está dando a volta ao mundo ten a súa orixe no colectivo chileno Las Tesis.

Pontevedra súmase ao novo 'himno' contra as violencias machistas
Comentarios