"Pontevedra tiene un potencial cultural enorme y es hora de que se reactive"

O primeiro encontro de Cabos Soltos analizou a programación cultural en pequenos locais 
A xornalista Belén López moderou o primeiro dos relatorios de Cabos Soltos. GONZALO GARCÍA
photo_camera A xornalista Belén López moderou o primeiro dos relatorios de Cabos Soltos. GONZALO GARCÍA

"Si nosotros lo estamos pasando mal, imagínate los músicos y técnicos que tocan en locales pequeños como los nuestros". É unha das ideas que este mércores se puxeron sobre a mesa no primeiro dos encontros de Cabos Soltos. Estas xornadas, que están impulsadas polas concellerías de Promoción da Cidade e de Dinamización Sociocultural e que está vinculada ao Plan de reactivación económica Supera 21, botaron a andar no Pazo da Cultura cunha perspectiva local.

Moisés Digón (O Diaño), Marta González (A Gramola) e Malú Pedrosa (O Pavero) protagonizaron o primeiro dos relatorios desta proposta. Nunha conversa dirixida pola xornalista de Diario de Pontevedra Belén López, os tres propietarios de locais da Boa Vila fixeron unha reflexión en voz alta sobre como a crise sanitaria veu darlle a volta ao sector cultural máis local e o "incerto" futuro que lles agarda.

Se en algo coincidiron os tres participantes é en que ningún se plantexa reiniciar a programación cultural polo de agora porque, a normativa os deixa "nun lugar complicado". "No somos policías", manifesaron. Así, Malú Pedrosa destacou que agora mesmo O Pavero podería facer concertos de ata doce persoas, pero "non nos vemos capaces de controlar o aforo". 

"Ahora mismo es inviable organizar nada", engadiu Digón, que non dubidou en salientar que "Pontevedra es una ciudad con un potencial enorme y es hora de reactivarlo de nuevo". 

Os tres empresarios criticaron a normativa cambiante nestes últimos meses para adaptar os seus respectivos establecementos ó protocolo de cada momento. "Somos expertos na normativa do DOG", comentaron non sen certa ironía. Ademais, responderon ás preguntas da xornalista Belén López acerca do pasado, presente e futuro do eido cultural. Eles insistiron na súa vinculación co tecido cultural de base de Pontevedra e defenderon o enorme traballo que se fai en pequenos locais e que para moitos artistas supón a primeria oportunidade antes de chegar a una sala grande, xa que tocar en pequenos lugares dálles un soporte moi importante.

Destacaron o seu compromiso coa cidade polo que non se conforman con poñer copas. "No se trata de tener un bar, sino también de hacer cosas en el bar", destacaron durante el encuentro.

Ademais das xornadas técnicas, tamén inclúe un concerto piloto na Praza da Ferrería o domingo 23 ás 13h a cargo de Ortiga

NON SÓ MÚSICA. Ademais de salientar a aposta municipal de Cabos Soltos pola música que se fai desde a Boa Vila, xa que coa Lei de Espectáculos da Xunta quedaron fóra das programacións, puxeron en valor que á hora de organizar as festas, o Concello as leve por toda a cidade e impulse ás bandas locais.

"Esperemos que cuanto antes se pueda volver a organizar y no solo conciertos, sino también certámenes de poesía, exposiciones, obras de teatro...", dixo Moisés Digón, que animou a outros locais a acoller todo tipo de manifestacións culturais. "En Pontevedra hay muchísimo de todo, ojalá que se animen más locales y no seamos solo tres, y que también para esto se establezcan ayudas porque está claro que atrae a mucha gente de alrededor también", concluíron.

As salas de concertos e as institucións
As xornadas continúan este xoves co relatorio titulado Alerta! Salas de concertos: emerxencia sociocultural, ás 12 horas, que conta con Carmen Zapata, xerente de Assac (Asociación de Salas de Concertos de Cataluña); Mar Rojo, programadora da Sala El Sol; e Marcos Rivas, xerente e programador da Sala Karma. Ás 16 horas terá lugar o obradoiro Entender (e mellorar) a monetización dixital, de Miguel Martorell, director de Altafonte Spain. E ás 18 horas analizarase O papel das institucións nas artes en vivo. 

Comentarios