Pontevedra une fuerzas para conseguir 15 millones de los fondos Feder

A proposta debe presentarse antes do 13 de xaneiro. Na web 'maismodelo.pontevedra.gal' pódense facer achegas ► O PP considera que é un proxecto moi difuso e non lle augura futuro
Anabel Gulías
photo_camera Anabel Gulías

"A Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrada de Pontevedra é un documento vivo no que é necesaria a implicación de toda a cidadanía para conseguir unha Pontevedra máis humana, máis sostible, máis respectuosa e máis xusta". Así promove a páxina web maismodelo.pontevedra.gal o proxecto co que o Concello de Pontevedra quere optar a unha convocatoria posta en marcha pola Unión Europea e a través da cal están en xogo 18 millóns de euros. Europa está a buscar estratexias de desenvolvemento sostibles para ser financiadas a través do programa operativo Feder de crecemento sustentable 2014-2020, que se financiarían con 15 millóns de euros, debendo aportar o Concello outros tres millóns.

A concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías, explicou esye xoves que a Comisión Europea insiste na "importancia da colaboración para a elaboración destas estratexias" e por iso o Concello vén de poñer en marcha a citada web. Nela explícase o proxecto + Modelo Urbano Pontevedra, que xorde como un instrumento para resolver os problemas existentes e ofrecer propostas alternativas para conseguir un concello mellor, e pídese a colaboración cidadá para que presente propostas de transformación urbana, económica, medioambiental, cultural, social e de modelo de goberno da cidade.

CES. Este proxecto foi presentado o mércores aos membros do Consello Económico e Social de Pontevedra (CES), que aprobou por unanimidade a presentación da candidatura a estes fondos. "Temos que elaborala nun tempo récord, pois o prazo de presentación remata o 13 de xaneiro, pero sería una importante inxección económica para Pontevedra", explica a concelleira de Promoción Económica.

Pola súa banda, o concelleiro do Partido Popular César Abal afirmou onte que optar a estes fondos "es una oportunidad histórica para Pontevedra, ya que se trata de una financiación del 80%". Sen embargo, considera que se trata dun proxecto "muy difuso" e asegura que "otras ciudades tienen el trabajo ya muy avanzado, sobre todo el vecinal".

Abal indicou se encargou o traballo a unha consultora externa e que "todos nos quedamos muy sorprendidos por esta manera de proceder. Se trata de la última oportunidad de Pontevedra para optar a fondos europeos y esto requiere un buen trabajo previo". Por estas cuestións, e logo de recordar que en 2008 Mosquera presentara "un proyecto unilateral para los Urban III y nos quedamos fuera por su gestión irresponsable", Abal augura que Pontevedra quedará fóra destas axudas financieiras. "Es un proyecto malo y muy mal hecho", sentenciou.

TEMAS PENDENTES. Na reunión do CES tamén se presentaron as liñas básicas do orzamento municipal e quedou pendente falar das liñas estratéxicas para os proxectos de emprego.

Gulías explicou que está previsto que o Comité se reúna de novo nas vindeiras semanas para avanzar nas estratexias dos fondos Feder e para falar das propostas da Concellería de Emprego e Promoción Económica para a mellora da empregabilidade.

Comentarios