viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

Pontevedra volve á caza de Pokemon

A comunidade LPV Pontevedra Stadium reunida por primeira vez tras o confinamento. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA
A comunidade LPV Pontevedra Stadium reunida por primeira vez tras o confinamento. JOSÉ LUÍZ OUBIÑA
A comunidade de xogadores LPV Pontevedra Stadium, que tivera que deter as súas actividades presenciais no confinamento, retornou onte ás rúas da man de Ponteverán

POKEMON volveu tomar a cidade. A comunidade de xogadores LPV Pontevedra Stadium regresou onte ao ruedo despois dun longo tempo de espera a causa da crise do coronavirus e o confinamento. O grupo estreou a nova normalidade baixo a sombra dunha das árbores da Alameda de Pontevedra nunha actividade enmarcada no programa Pontevedrán.

Iria Rodríguez, unha das súas organizadoras, mostrouse moi satisfeita desta volta ás quedadas presenciais. "Apetecíanos vernos as caras, porque facía moito que non nos reuniamos", afirmou. "O bonito do xogo son as posibilidades que ten. Non é como outros videoxogos, que non ves ás persoas. Neste as ves camiñando, falas con elas e reúneste para facer as distintas actividades que hai. Non é nin polos gráficos nin pola xogabilidade, senón pola posibilidade que che dá de coñecer xente real, non só a través dunha pantalla", engadiu sobre o xogo.

"O bonito do xogo é a posibilidade de coñecer xente"

A actividade, que se levou a cabo respectando sempre as medidas de seguridade e as distancias establecidas, tivo como aliciente o detalle dunha chapa de Pokemon para todos os participantes,que priorizaron pasar un bo rato e non tanto alzarse coa vitoria. "O importante é poder rir un pouco, estar con xente e demais. Sobre todo pasalo ben e facer un pouco de comunidade, que é a intención principal", sentenciou a organizadora.

A CAZA DO POKEMON. Os xogos de Pokemon chegaron ao mundo antes do comezo do século XXI. Décadas despois, estes seguen a causar furor con cada un dos seus novos lanzamentos. Trátase dun xogo de rol no que o usuario captura, adestra e combate con outros rivais –ficticios ou reais– coas criaturas homónimas á saga. No 2016, a compañía decidiu dar o salto aos móbiles, co lanzamente de Pokemon Go. A diferenza dos anteriores, este levaba aos pokemon á realidade, puidendo capturalos en calquer rincón polo que o usuario estivese paseando. O xogo foi un éxito total, organizándose rutas e campionatos nos que os participantes, a través dos equipos que conformaran ao longo das súas saídas,e que en Pontevedra tivo un importante éxito.

Pontevedra volve á caza de Pokemon
Comentarios