Cruella de Vil, Heidi e a súa cabuxa, Pifufina, un obreiro de Jas Jalisia ou unha galiña de Xeve que sobreviviu á gripe aviar. Eses persoeiros, e uns cantos máis, subiron na noite deste venres ao escenario da praza da Ferrería de Pontevedra para dar testemuño dos 21 anos que a Asociación Recriativa de Xeve leva participando no Entroido pontevedrés.
No 25 aniversario da súa constitución como asociación este colectivo foi o encargado de dar o pregón co que se abren estas festas tan emblemáticas da Boa Vila.
A animación empezou ao fío (e o frío) das nove da noite, con María Carrera ao micrófono presentando as comparsas que iniciaron a súa ronda de música e cor. Xa pasaban das nove e media cando o Urco deu a benvida ao público ao "mellor Entroido urbano de Galicia" despois de que a concelleira de Festas, Carme da Silva, lle fixera entrega do estandarte.
► Le a información completa na edición impresa deste sábado de Diario de Pontevedra