sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Ponteverán remata o graffiti dos Gafos feito en colaboración con Vaipolorío e o Ras

Imaxe do mural. CEDIDA
O mural foi visitado este xoves polo concelleiro Alberto Oubiña

O concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña, visitou este xoves o mural que a mocidade de Pontevedra está a realizar en colaboración con Vaipolorío e Ras.

Está situado no paseo do río dos Gafos, na entrada pola rúa Alcalde Hevia. Esta iniciativa forma parte do programa Ponteverán, en concreto, dos obradoiros artísticos que levaron á rúa, de man do Ras, diversas estampas na cidade: a do Gafos e a de Eduardo Pondal.

A intervención artística do Gafos estaba pensada como un graffiti que recorda o nome do río Menexo (o topónimo do río ao paso por esa zona), mentres que a de Eduardo Pondal estaba concebida como un mural. Este último xa está rematado, e o graffiti do Gafos acabarase este mesmo xoves. 

Ponteverán remata o graffiti dos Gafos feito en colaboración con...
Comentarios
ç