Pontón acusa a Feijóo de amparar "as prácticas mafiosas" de Ence para frear o BNG

Fronte a fábrica de Lourizán, denunciou tamén a aparición de pintadas ameazantes contra Carme da Silva

Lores, Pontón y Da Silva caminan frente a Ence. RAFA FARIÑA
photo_camera Lores, Pontón y Da Silva caminan frente a Ence. RAFA FARIÑA

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou este xoves ao PP e a Alberto Núñez Feijóo de amparar as "prácticas mafiosas" de Ence para "frear" a un BNG "en remontada". 

Fronte á fábrica de Ence en Lourizán, Pontón denunciou a aparición de "pintadas ameazantes" contra a candidata nacionalista ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, por segunda vez en apenas unha semana, un "escrache covarde" do que responsabilizou ao PP e á pasteira. 

O obxectivo deste tipo de accións, dixo, é "frear" a un BNG "en remontada" e "evitar que Galicia sexa decisiva no Estado da man dunha forza que conseguirá o trasladado de Ence fose da Ría de Pontevedra". 

"Conseguiremos ser decisivos e ter voz no Congreso para pararlle os pés a Ence, para acabar coas portas xiratorias e para pararlle os pés a esas políticas mafiosas que está a amparar e propiciando o PP en Galicia, e das que Feijóo é cómplice porque non vimos nin unha soa condena", dixo Pontón, "pero non nos amedrentan nin van conseguir o seu obxectivo, porque os galegos lle van dar unha lección nas urnas". 

Loitando con Vox e Ciudadanos
Pontón lembrou que o BNG está a disputar os escanos a Vox e Ciudadanos en Pontevedra e A Coruña, e augurou que o 28 de abril a formación logrará que en Galicia "non entre esa 'dereitona' carca, machista e antigalega".

Do mesmo xeito, apostou, Carme da Silva "vai ser a voz firme que logre que a pasteira abandone a ría e recuperala para xerar máis emprego e oportunidades". 

Outro dos obxectivos do BNG no Congreso é "acabar coas portas xiratorias", un "autentico foco de corrupción en A", que as empresas do Ibex-35 "usan para comprar a expolíticos do PP, e tamén do PSOE, para os seus intereses, como demostrou a ilegal prórroga a pasteira". 
 

Comentarios