lunes. 21.06.2021 |
El tiempo
lunes. 21.06.2021
El tiempo

Pontón chama á mobilización en Pontevedra: "Os escanos gáñanse en urnas, non en enquisas"

Ana Pontón, Miguel Anxo Fernández Lores, Carme da Silva e Anabel Gulías. BNG
Ana Pontón, Miguel Anxo Fernández Lores, Carme da Silva e Anabel Gulías. BNG
"Queremos pór fin ao silencio destes anos, a esa inmoral prórroga de Ence", sinalou a líder nacionalista

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveu a chamar á "mobilización masiva" de todos os que queren que "Galicia exista" no Estado, animou a "concentrar" ese voto no BNG e, a pesar de confiar en bos resultados, lembrou que "os escanos gánanse nas urnas, non nas enquisas".

Este domingo, nun mitin do Bloque en Pontevedra, a líder nacionalista referiuse ás sondaxes electorais das últimas horas. Mostrouse convencida de que "desta vai", pero non dá nada por feito "porque as enquisas, enquisas son, deixan claro que estamos á alza pero necesitamos movernos e falar con todo o mundo", porque o BNG "non está nos estudios de televisión", salientou.

No seu discurso apelou a todas aquelas "persoas cabreadas co espectáculo estatal", ás que están "decepcionadas" coa discriminación e ninguneo a Galicia, así como as que non aceptan "a Lei Mordaza ou as contrarreformas laborais que trouxeron precariedade". A todas elas pediulles que se mobilicen e vaian ás urnas a votar ao BNG. 

Asegurou que desta maneira, "Galicia recuperará voz en Madrid". "Sobran os motivos" para que iso suceda, insiste. Entre esas razóns puxo en valor os intereses que a candidata do partido ao Congreso por Pontevedra, Carme da Silva, defenderá na Cámara despois do próximo 10 de novembro.

"Queremos pór fin ao silencio destes anos, a esa inmoral prórroga de Ence" e, ao mesmo tempo, "facer realidade unha das máis sentidas demandas da cidade: o traslado de Ence fóra da ría", proclamou.

Pontón pediu que a cidadanía tome de referencia o proxecto do alcalde do Bloque pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores. Neste sentido, Da Silva subliñou que o seu "compromiso" é "traballar coa mesma ilusión e intensidade no Congreso, levando alí a voz de Pontevedra, que ata agora estivo muda e cos seus proxectos pendentes metidos en caixóns de forzas políticas madrileñas".

CONDICIONAR A POLÍTICA DE ESTADO

A máxima líder nacionalista galega destacou que Galicia debe "condicionar a política do Estado" a favor da súa cidadanía. "Hai que pasar páxina do agravio das forzas estatais" e os próximos comicios son a oportunidade para "dar a resposta que se merecen da man dun BNG que nunca lle fallou" á Comunidade.

Fronte "á 'procesión dos caladiños' dos 23 deputados" galegos que, a día de hoxe, representan a outros partidos a nivel nacional no Congreso, atópase a fórmula de Bloque, que "será exemplo doutra maneira de facer política", que non "obedece aos xefes de fila de Madrid".

Pontón chama á mobilización en Pontevedra: "Os escanos gáñanse en...
Comentarios
ç