A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu que o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores volva presentarse á Alcaldía de Pontevedra para aspirar a un sexto mandato, o que considera unha "boa noticia" polo seu modelo de "éxito".
"Non vexo aos grandes equipos fútbol dicindo cada tempada que teñen que renovar aos seus mellores xogadores", sostén Ana Pontón a preguntas sobre a limitación de mandatos.
Pontón ve a Lores un "referente no BNG", pero tamén "fóra do BNG" por "pór a Pontevedra en forma", cun "modelo de transformación exitoso".
Así, considera que o alcalde de Pontevedra demostra que "desde o BNG" hai "proxectos transformadores que melloran a vida da xente e permiten ser referente a nivel internacional sobre os debates en reformas urbanas".
"Cando temos algo que funciona e temos a persoas capacitadas á fronte non imos ser nós quen lle digamos a estas persoas que non sigan traballando para mellorar Pontevedra", asegurou.