domingo. 20.10.2019 |
El tiempo
domingo. 20.10.2019
El tiempo

Carme da Silva denuncia un comportamento "mafioso" polas pintadas na súa casa

La concejala nacionalista Carme da Silva. G. GARCÍA
La concejala nacionalista Carme da Silva. G. GARCÍA

"Ningún cargo público, ningunha persoa deste país ten que ver como é atacada dese xeito sen que haxa unha resposta á altura da gravidade dos feitos", apuntou a líder do BNG, Ana Pontón

A candidata do BNG por Pontevedra nas próximas eleccións xerais, Carme da Silva, lamentou o comportamento "mafioso" que supoñen as pintadas ameazantes que apareceron ante o seu domicilio particular. Na pintada, que apareceu esta fin de semana, figura o nome da dirixente nacionalista acompañado por unha diana.

Da Silva entende que este tipo de feitos teñen unha "gravidade enorme" e ante eles, advertiu, "non nos van engurrar" e no BNG seguirán traballando "coa mesma intensidade e enerxía" para recuperar a súa presenza no Congreso dos Deputados. Estas pintadas, reiterou a dirixente do BNG, teñen unha "vinculación directa" co feito de que ela sexa a persoa elixida polo seu partido para tratar de recuperar asento no Congreso, algo que espertou "nerviosismo".

Da Silva, ademais, agradeceu as mostras de apoio "incondicional" que recibiu, especialmente aquelas que chegan "sen peros", e a "corrente de simpatía" que notou desde que se produciron estas "ameazas". O BNG estuda, avanzou a afectada, presentar unha denuncia ante estas pintadas que, ao seu xuízo, "definen máis a quen as fai que a quen as recibe. 

ANA PONTÓN. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pola súa parte, pediu este luns a apertura "dunha investigación con carácter inmediato" para identificar os autores das pintadas.

"Ningún cargo público, ningunha persoa deste país ten que ver como é atacada dese xeito sen que haxa unha resposta á altura da gravidade dos feitos" por parte das autoridades, afirmou Ana Pontón.

En declaracións aos medios de comunicación con motivo dun acto informativo en Cervo, quixo expresar toda a súa "solidariedade" coa súa "compañeira Carme da Silva" que "está sendo ameazada con pintadas" na súa propia casa.

"Isto é intolerable nun sistema democrático, que unha concelleira en Pontevedra, que ademais é candidata do BNG nas próximas eleccións do 28 de abril estea sufrindo este acoso", engadiu.

En todo caso, Pontón afirmou que "todas as persoas cobardes que están detrás deste tipo de actos" non van "a amedentrar" ás persoas próximas ao BNG, porque van seguir defendendo "unha Pontevedra mellor" e que "Galicia necesita voz propia en Madrid".

Carme da Silva denuncia un comportamento "mafioso" polas pintadas...