Pontón ve o BNG como unha "garantía de solvencia" para que Galicia avance

Durante un paseo por Pontevedra, Pontón sinalou que é "importante" que haxa unha movilización "masiva" e que o domingo "ninguén se quede en casa"

Pontón, xunto a Lores este xoves en Pontevedra. DP
photo_camera Pontón, xunto a Lores este xoves en Pontevedra. DP

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou o voto para os candidatos e candidatas do seu partido nas eleccións municipais do próximo domingo ao ser unha "aposta segura" e unha "garantía de solvencia" para que Galicia avance.

Durante un paseo por Pontevedra, Pontón sinalou que é "importante" que haxa unha movilización "masiva" e que o domingo "ninguén se quede en casa", especialmente aqueles que sexan "inconformistas" coa situación política dos seus municipios.

A dirixente nacionalista defendeu que os concellos gobernados polo BNG, como Pontevedra, Allariz, Carballo ou Bueu, revelan a capacidade que ten Galicia cando "confiamos en nosas propias forzas" e se aposta por modelos urbanos que se converten en "referencia internacional" por mellorar a vida dos cidadáns.

Ana Pontón reiterou que o voto ao BNG é unha "garantía" de que á fronte dos concellos haberá unha forza política "liquide, coherente e que ten as ideas claras" e que demostra que se pode facer política doutro xeito e que hai outro país posible".

A este respecto, pediu aos pontevedreses que apoien ao BNG nas urnas para que "o que está en marcha siga cara a adiante con máis impulso", xa que o resto de partidos que se presentan ás municipais "non son alternativa de futuro" e apostan por "fórmulas fracasadas" e que "non serven para avanzar".

Para Galicia, segundo Pontón, Pontevedra é un "emblema" en calidade de vida, en transformación urbana e en que se poden facer ben as cousas".

O candidato do BNG en Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores tamén incidiu nesta mensaxe e pediu que os pontevedreses voten "masivamente" o vindeiro domingo para lograr unha maioría que permita que Pontevedra "siga avanzando e mellorando" e ata dar un "paso adiante importante" no modelo xa existente.

As propostas dos partidos da oposición, de acceder ao goberno, supoñerían segundo Fernández Lores unha "parálise" e unha "volta atrás" en todo o que a cidade conseguiu "ata agora" coa colaboración dos seus habitantes "e do que nos sentimos todos orgullosos".

Comentarios