"Pop-up. Libros móbiles e despregables", este xoves no Museo de Pontevedra

A exposición sobre o arte destes formatos bibliográficos poderá visitarse ata o 12 de outubro
Logotipo do Museo de Pontevedra. DP
photo_camera Logotipo do Museo de Pontevedra. DP

O Museo de Pontevedra inaugura este xoves para o público a exposición "Pop-up. Libros móbiles e interactivos" que poderá visitarse ata o 12 de outubro no Edificio Castelao.

A mostra está composta por unha escolma da colección de máis de 2.400 libros con elementos tridimensionais de papiroflexia pertencente a Ana María Ortega Palacios e Álvaro Gutiérrez Baños, integrada por obras procedentes de varios países arredor do mundo.

A exposición ofrece unha visión sobre a historia, a técnica e a temática destes formatos bibliográficos cuxo uso remóntase ó século XIII. Inclúe pezas orixinais que datan do século XVII e tamén un catálogo con fotografías das pezas e textos explicativos.