sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

Portas abertas, pero só na rede

Inicio de curso, con medidas de distancia interpersonal, no IES Frei Martín Sarmiento. RAFA FARIÑA
Inicio de curso, con medidas de distancia interpersonal, no IES Frei Martín Sarmiento. RAFA FARIÑA
A pandemia obriga a que as habituais xornadas para que as familias e o futuro alumnado coñecesen os institutos se pasen á modalidade virtual, con vídeos e visitas guiadas en liña

Desde hai uns anos a maioría dos centros educativos consolidaron a organización de xornadas de portas abertas para presentarse ante o futuro alumnado e as súas familias. É case unha obriga para os colexios ante a posibilidade de perder matrícula, pero tamén para os institutos, sobre todo para os periféricos.

A pandemia, porén, obrigará a un cambio total desta dinámica. Trátase dun asunto que asume cada centro de xeito individual, aínda que a Consellería de Educación apuntou este mércores que "se está analizando de xeito conxunto coas direccións dos centros, en función da situación sanitaria", xa que "agora mesmo non parece o máis prudente".

Deste xeito, algúns institutos pontevedreses xa están a mover ficha para trasladar á rede e á modalide virtual estas iniciativas. É o caso do IES Frei Martín Sarmiento. Segundo explica o seu director, David Alvariño, "a finais do anterior trimestre decidimos ofrecer unhas xornadas de portas abertas virtuais, que foran atractivas á vez que amosaran a realidade educativa cotiá do centro".

Explica que o curso pasado organizaron para as familias un xogo de escape room, onde a través da realidade aumentada e guiados polo alumnado do centro, percorrían o mesmo descubrindo a actividade diaria tras resolver as pistas do xogo. "O éxito do mesmo encheu o salón de actos coa presenza de máis de 200 persoas", pero este ano "desbotamos unhas portas abertas semellantes ante a imposibilidade de xuntar a tanta xente e a limitación técnica para organizalos en grupos máis pequenos". Así, seguindo a elaboración das portas abertas do curso pasado, optaron por ofrecer unhas xornadas virtuais a través de conexión en streaming (previa solicitude por correo electrónico ao centro: [email protected]). Para que as familias poidan coñecer a súa oferta educativa e o desenvolvemento da mesma nunha xornada diaria, gravaron vídeos empregando a tecnoloxía da que dispón o alumnado na materia de TICS.

Nestas xornadas (27 de xaneiro e 3 de marzo, ás 19.00 horas, ademais da visita virtual ao centro, ofrecerase un foro de dúbidas e cuestións para que as familias pregunten o que desexen.

Nunha opción semellante traballa o IES A Xunqueira II, que tamén descarta as concurridas xornadas de portas abertas, confirmou o seu director, Juan Carlos Pérez, xa de cara a finais de febreiro. O IES Luís Seoane enviará unha presentación virtual aos colexios adscritos para que a visualicen o alumnado de 6º e as súas familias e na que se exporá toda a oferta educativa do instituto.

Portas abertas, pero só na rede
Comentarios
ç