lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

O PP amosa a súa defensa á liberdade na ensinanza e critica a nova lei educativa

Reunión do PP con membros de colexios especiais e concertados. DP0
Reunión do PP con membros de colexios especiais e concertados. DP0
Os populares criticaron que se aprobase unha lei educativa que "ningunea ás comunidades autónomas"

A vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor, e os deputados nacionais e senadora do PP de Pontevedra, María Ramallo, Javier Bas e Pilar Rojo, reuníronse con representantes da educación concertada e especial da cidade, para expoñer o seu posicionamento en materia de ensino e defender "a liberdade das nais e pais para elixir o centro de ensino que prefiran para os seus fillos". Nesta liña, recordan que "a liberdade non é un privilexio, é un dereito e os pais teñen dereito a elixir a educación dos seus fillos, sen que outros decidan por eles"

Os populares criticaron que o Goberno aprobase esta semana, "pola mínima", unha lei educativa "que ningunea ás comunidades autónomas, xa que, pese a que son as que xestionan a educación, non se lles presentou e non se intentou consensuar con elas" e que "se use o ensino como moeda de cambio para aprobar os Orzamentos Xerais do Estado". 

Segundo denunciou Pastor, "aprobouse unha reforma educativa de costas á comunidade educativa, e sen consenso dos partidos, que afecta aos pilares da vertebración, calidade e equidade do sistema educativo para suplir a falta de previsión e liderazgo do Ministerio de Educación". 

Asemade, os populares sinalan que é unha lei "retrógada", porque "diminúe a liberdade dos pais e pretenden impoñer un único tipo de ensino, deixando sen elección ás familias máis humildes". Desde o PP, recordan, "defendemos o consenso e a liberdade, e unha lei que outorga ás administracións a capacidade de escolarizar alumnos en centros contra a vontade dos seus pais baixo a escusa do equilibro non é boa"

Pero ademais, sinalan que esta nova lei "merma a calidade educativa, a equidade e a igualdade de oportunidades, renunciando ao reforzo do alumnado que precisa dun impulso, e pretende crear unha confrontación no ámbito da lingua, un problema que en Galicia non existe", aseguran.

O PP presentou 156 emendas á Lei, entre as que destacan a liberdade de elección das familias, un MIR para o profesorado, defensa da educación especial, reforzo da Alta Inspección Educativa, unha EBAU pública igual en toda España e a gratuidade da ensinanza para nenos de 0 a 3 anos. Tamén que o español sexa lingua vehicular en toda España, o que permitirá que onde haxa linguas cooficiais poida haber trilingüismo.

O PP amosa a súa defensa á liberdade na ensinanza e critica a nova...
Comentarios