O PP anima á mocidade a "ilusionarse coa política"

Os cabezas de lista ó Congreso e ó Senado, Ramallo e Guerra, asistiron a unha xornada sobre redes sociais organizada por Novas Xeracións
Participantes na xornada celebrada onte por Novas Xeracións. DP
photo_camera Participantes na xornada celebrada onte por Novas Xeracións. DP

Os cabezas de lista ao Congreso e ao Senado por Pontevedra, María Ramallo e Javier Guerra, recordaron onte os seus tempos en Novas Xeracións e animaron aos mozos a ilusionarse coa política. Fixérono durante a xornada de traballo 'Actualízate en Redes Sociais', organizada por Novas Xeracións da provincia. Xunto a eles estiveron a presidenta das xuventudes provinciais, a número 7 da lista ao Congreso, Ana Cristina Pérez; e os candidatos ao Senado, Pilar Rojo e Santiago Rodríguez Davila.

Antes da xornada, impartida polo presidente local de Novas Xeracións, Guille Juncal, e traballadores de comunicación da sede provincial, Ramallo e Guerra dirixíronse aos 30 rapaces que se achegaron á cita. "Cando nos falaron deste acto, non dubidamos en estar aquí con vós", coincidiron ambos.

María Ramallo valorou moi positivamente o acto e incidiu na "necesidade de que o PP chegue a todos os tramos de idade da sociedade". Para elo, puxo como exemplo o traballo desenvolvido en Marín, que permitiu que o PP teña 15 de 21 concelleiros. "Non se pode ter ese resultado sen conectar coa xente moza", afirmou.

Pola súa banda, Javier Guerra tirou de memoria para recordar os tempos en que Novas Xeracións non tiña medios. "Sodes os encargados de transmitir á xente da vosa idade que somos o partido da seriedade e do rigor, algo que nos diferencia doutras formacións", dixo.

Comentarios