O PP califica de "miseria" a subvención da liña de autobús a Monte Porreiro

Jacobo Moreira sinalou que o Concello prevé destinar á esta liña 71.849 euros este 2018, menos que en anos anteriores

Jacobo Moreira (en primer plano) y Miguel Anxo Fernández Lores, durante un pleno municipal. J. CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Jacobo Moreira (en primer plano) y Miguel Anxo Fernández Lores, durante un pleno municipal. J. CERVERA-MERCADILLO

O grupo municipal do PP calificou onte como "miseria" os cartos que o goberno local de Pontevedra destina á única liña de transporte público coa que conta o Concello e que une o casco urbano con Monte Porreiro.

"O BNG non aposta polo transporte público, porque dos cartos orzamentados, só gasta a metade", denunciou Jacobo Moreira. 

A formación incidiu en que, dos 86.849 euros previstos para 2016 e 2017, o goberno local só gastou o 53% e que este ano prevé destinar á liña de autobuses unha cantidade menor: 71.849 euros. Outras cidades, como Santiago, invisten case cinco millóns no transporte público, pero Pontevedra 35.000 euros. "Non é unha boa maneira de fomentalo", engadiu Moreira.

Comentarios