Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

O PP dubida da legalidade do novo Plan Deporemse

Encontro de deputados provinciais do PP. DP
Encontro de deputados provinciais do PP. DP

Os populares sinalan que se trata "dunha nova coladeira para favorecer aos concellos ben relacionados con bipartito"

Os alcaldes e deputados do Partido Popular consideran o Plan Deporemse "unha nova coladeira para favorecer aos concellos ben relacionados co bipartito" que goberna na Deputación de Pontevedra. Os rexidores e os representantes do PP no ente provincial consideran que o feito de que se anunciara o mesmo día que remataba o Plan Concellos é sinal de "falla de transparencia e un xogo sucio con cartas marcadas". Así llo manifestan á presidenta do ente provincial Carmela Silva nun escrito presentado na Deputación e asinado polos alcaldes do Partido Popular na provincia.

Segundo o voceiro do PP na Deputación, Ángel Moldes "sorprende que se convoque repentinamente un plan destinado á mellora dos viais municipais sen antes expoñelo ou comunicalo os concellos aos que vai dirixido co fin de que puidésemos realizar aportacións ou propostas sen que se desvirtuase a finalidade e filosofía do Plan ideado en solitario polo bipartito. Esta convocatoria repentina e sen previo aviso impide unha correcta planificación do noso traballo e dos investimentos que necesita o noso concello, tendo en conta ademais que o plan anúnciase o mesmo día en que finaliza o prazo para que os concellos presentásemos os proxectos de investimento con cargo ao Plan Concellos", asegura o representante do PP na Deputación.

En canto ás bases, os alcaldes e deputados provinciais do PP pregúntanse se aos fondos do plan poderán optar a totalidade dos concellos.

DEPOEMPRENDE. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de formación para emprendedores no marco do proxecto DepoEmprende 2017, que, segundo informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "ten un importe de 117.232 euros".

Silva tamén detallou que "é un proxecto aprobado pola Fundación Incyde e cofinanciado polo Fondo Social Europeo".

As persoas beneficiarias serán desempregados da provincia de Pontevedra, priorizando colectivos con maior risco de exclusión no mercado laboral (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con disfuncionalidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social).

A presidenta do organismo provincial explicou que "DepoEmprende 2017 é un proxecto que ten por obxectivos fomentar o emprendemento, promover a incorporación ao mercado laboral e desenvolver competencias emprendedoras que axuden ás persoas desempregadas a buscar mecanismos de empregabilidade".

O PP dubida da legalidade do novo Plan Deporemse
Comentarios