O PP esíxelle ao Goberno da Deputación que reabra os edificios centrais do Museo

O Partido Popular levará ao Pleno da institución provincial unha moción na que solicita que volvan estar operativos o Castro Monteagudo e o García Flórez
Os deputados provinciais do PP Jorge Cubela e Pepa Pardo, diante dos edificios do Museo. JAVIER CERVERA
photo_camera Os deputados provinciais do PP Jorge Cubela e Pepa Pardo, diante dos edificios do Museo. JAVIER CERVERA

O Partido Popular esixiralle ao Goberno da Deputación, a través dunha moción que presentará no Pleno provincial, que reabra os edificios centrais do Museo de Pontevedra. "Antes de gastar dinero en nuevos edificios, primero debería rehabilitarse la esencia del Museo", sinalou Pepa Pardo.

A deputada provincial do PP, xunto ao co-voceiro do grupo na Deputación, Jorge Cubela, avanzoulle onte aos medios de comunicación o contido dunha moción que, segundo dixo, reclamaba a reapertura duns inmobles, "cerrados bajo llave de forma indefinida". A moción do PP refírese a dous dos edificios fundacionais do Museo, "su alma y corazón", o Castro Monteagudo e o García Flórez, ambos situados na Praza da Verdura. "Estos dos edificios se cerraron un poquito antes del cambio de gobierno de 2015 para su reforma, un objetivo primordial, que, como podemos observar, acabó metido en un cajón".

A deputada popular criticou que o Bloque Nacionalista Galego asumira a xestión do Museo de Pontevedra referíndose á reapertura ao público destes edificios como algo urxente para posteriormente ila atrasando. "El bipartito comenzó hablando de la necesidad de dotar de independencia al Museo. A fecha de hoy, esa independencia ni está ni se la espera", dixo. "Ahora anuncia que va a construir un nuevo edificio totalmente alejado de la manzana cultural en la que nos encontramos. Y, por último, está su gestión de la esencia del Museo, los edificios Castro Monteagudo y García Flórez, de los que era urgente y necesaria la inmediata reapertura, pero ahora ya no lo es tanto porque, desde que está este Gobierno no sabemos nada, vaguedades, secretismos y cierre de los mismos".

O vicepresidente, César Mosquera, contesta que "pronto haberá novidades potentes sobre a rehabilitación dos inmobles

NOVO EDIFICIO.Tanto Pepa Pardo como Jorge Cubela criticaron o anunció realizado, hai uns días, polo vicepresidente da Deputación, César Mosquera, sobre a construción dun novo edificio para o Museo na zona de Valdecorvos. Segundo Mosquera, trataríase dun inmoble que albergaría a colección arqueológica da institución. Para o Partido Popular, antes que esa nova edificación debería priorizarse a rehabilitación e reapertura dos edificios centrais. Ademáis, os deputados criticaron que a situación da nova construción racharía coa denominada "mazá cultural" do Museo, ao atoparse todos os seus inmobles no centro histórico da cidade. "No queremos que el García Flórez y el Castro Monteagudo caigan en la misma situación de deterioro y abandono que la casa consistorial", dixo Pepa Pardo.

"O que demandamos ao bipartito da Deputación é claridade", engadiu Jorge Cubela. "A sociedade necesita saber que é o que se quere facer co Museo e non andar dando bandazos. Hai que lembrarlles que levan cinco anos gobernando. Ten que ser absolutamente prioritario, por enriba de acometer novos edificios, rehabilitar estes".

Segundo informou o PP, a moción que levarán ao Pleno tamén incluirá a reapertura das Ruínas de San Domingos, pechadas dende o mes de maio para arranxar unha fendedura.

RESPOSTA. Ao coñecer o contido da moción que o PP dixo que levará ao Pleno, o vicepresidente da Deputación respondeu que "pronto haberá novidades potentes sobre a rehabilitación dos edificios do Museo". Segundo César Mosquera estase a traballar de forma simultánea tanto na mellora das construcións históricas como no novo edificio de Valdecorvos, "xa que ambas son prioridades do mandato", en palabras do vicepresidente facilitadas pola Deputación.

Mosquera lembrou que, o pasado 10 de xullo, os medios de comunicación recolleron unhas declaracións súas nas que indicaba que se estaba a traballar "no deseño do proxecto para tratar de solucionar os moitos problemas estruturais das construcións e dando os pasos burocráticos relacionados con Patrimonio". "Todos eses problemas, que son moitos, xa están enfocados", rematou.

Comentarios