O PP provincial acusa a Carmela Silva de mentir sobre o seu grupo de WhatsApp

Os populares acusan á presidenta da Deputación de agochar o "lío monumental" cos alcaldes da provincia

Carmela Silva. Olga Fernández
photo_camera Carmela Silva. Olga Fernández

O grupo provincial do PP acusou onte á presidenta da Deputación, Carmela Silva, de agochar detrás "dunha invención sobre un suposto grupo de WhatsApp o lío monumental que ten cos alcaldes da provincia, inclúidos os do PSOE, pola falla de información e o seu desexo de interferir continuamente na autonomía municipal con proxectos como DepoRemse".

Durante o Pleno do venres, Silva insinuou que os alcaldes do PP mandaran equivocadamente a un alcalde socialista información sobre este plan. Sin embargo, os ‘populares’ aclaran que foi o rexedor de Fornelos o que se desprazou ata A Lama para que Jorge Canda lle puidera dar as bases.