Lunes. 24.09.2018 |
El tiempo
Lunes. 24.09.2018
El tiempo

O PP reclama ao Concello a creación dun parque canino

Unha moza pasea a catro cans pola cidade. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Unha moza pasea a catro cans pola cidade. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Os populares presentarán unha moción na que tamén piden que ese espazo conte co mantemento necesario para garantir a seguridade

O grupo municipal do PP vén de solicitar ao Concello a creación dun parque canino en Pontevedra ante "a carencia de espazos urbanos específicos de ocio e lecer para os cans que proporcionen tranquilidade e seguridade e aseguren a boa convivencia entre todos os veciños", sinalou o concelleiro popular Jose Luis Martín, quen deixa en mans do Goberno local a elección da localización idónea.

O edil lembrou que o municipio conta con aproximadamente 12.000 cans rexistrados, o que sitúa a Pontevedra como a cidade galega con máis cans por habitante. "A pesar dos datos, Pontevedra non conta cun espazo no que poidan correr en liberdade de xeito seguro", dixo. "Regular a convivencia e o desfrute dos espazos públicos é unha función que lle compete á Administración local. É fundamental que se dote a Pontevedra dun parque canino dando resposta así a unha demanda que levan solicitando dende fai moito tempos os donos destas mascotas", engadiu.

Ademais, dende a formación que encabeza Rafa Domínguez lembran que esta medida daría resposta ás necesidades de servizos específicos que moitas veces teñen que ser compartidos en parques, provocando conflitos entre os donos dos cans e outros veciños. "Ata o momento a resposta do Goberno local para estas situacións sempre estivo marcada por normativas de prohibición e sancións, sen dar alternativas a aqueles cidadáns que teñen mascota, tan só limitando o acceso dos cans a parques", puntualizou Martín.

Tras ser rexeitada no Pleno do pasado mes de febreiro a proposta formulada polo PP para a instalación dun parque canino no parque dos Gafos, os populares deixan agora en mans do Goberno local a elección do lugar máis axeitado para esta instalación.

Así mesmo, emprazan ao equipo do BNG a velar para que o parque solicitado conte co mantemento preciso para garantir tanto a seguridade como a hixiene.

O PP reclama ao Concello a creación dun parque canino
Comentarios