O PP volve pedir explicacións sobre o libro de Miguel Boo

A obra aínda  non se distribuíu nin foi entregado ao seu escritor "por razóns que aínda non foron debidamente explicadas polo goberno nin pola súa presidenta"
Miguel Boo. DP
photo_camera Miguel Boo. DP

O grupo provincial do PP esixe ao bipartido "que xa rompa o silencio" e aclare que sucede co libro La mala prensa del eucalipto, escrito por Miguel Boo e publicado hai xa seis anos pola Deputación, pero que aínda non se distribuíu nin foi entregado ao seu escritor "por razóns que aínda non foron debidamente explicadas polo goberno nin pola súa presidenta".

Tras máis dun mes de silencio desde a denuncia do escritor, e sen ofrecerlle unha solución, o voceiro do PP, Jorge Cubela, volveu a preguntar no último Pleno provincial por esta situación. "E lonxe de aproveitar a oportunidade e explicarse, optan, de novo, por seguir calados á espera de recibir unha resposta por escrito", lamenta.

"Queremos saber si se ofreceu algunha solución a Miguel Boo e que expliquen o acontecido", esixe. Di que que "cando se retén un libro durante seis anos porque non lles gusta o seu contido, é un atentado moi grave contra a liberdade de expresión e de cátedra".

Ademais, os populares queren saber si hai máis libros nesta mesma situación, aos que se negan a divulgar porque consideran que van en contra da súa liña ideolóxica. "Están demostrando ata que punto queren controlar a Deputación de Pontevedra".

Comentarios