O prazo para presentar candidaturas aos Premios Cidade de Pontevedra ábrese este mércores

As distincións entregaranse nun pleno municipal o 20 de xaneiro, día de San Sebastián

Los dos galardonados posan junto a la Corporación municipal tras recoger los premios. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Entrega dos premios da última edición, ao psiquiatra Víctor Pedreira e á Escola de Xadrez. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

A concellaría de Cultura de Pontevedra abre este mércores o prazo de presentación de candidaturas aos premios Cidade de Pontevedra.

As persoas, asociacións, entidades ou colectivos interesados poderán presentar as súas propostas no Rexistro do Concello, entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro de 2018. As propostas deberán levar unha memoria xustificativa que explique os méritos do designado.

Os Cidade de Pontevedra teñen dúas modalidades, persoa física e persoa xurídica. O xurado valorará "o labor desenvolvido polos candidatos, sobre todo, no último ano e a proxección de Pontevedra e os pontevedreses derivada delo", segundo informa o Concello.

Os galardóns serán entregados nun pleno extraordinario de honra que se desenvolverá o 20 de xaneiro, día de San Sebastián, patrón da Boa Vila. 

Comentarios