viernes. 15.01.2021 |
El tiempo
viernes. 15.01.2021
El tiempo

"O premio é de todas as mulleres que loitan cada día, que dan a cara, das que eu aprendín"

Paula Dapena no Concello, hai unhaas semanas.JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Paula Dapena no Concello, hai unhaas semanas.JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A futbolista permaneceu sentada de castas ás cámararas durante unha homenaxe a Maradona para rexeitar o machismo

O seu xesto trascendeu fronteiras e agora a cidade homenaxea a Paula Dapena, que fronte á sucesión de homenaxes ao falecido futbolista arxentino optou por visibilizar a realidade da violencia machista sen edulcorala, nun xesto "valente, que non estaba premeditado nin foi obxecto dunha campaña de márketing", segundo explicaba o martes a concelleira Carmen Fouces, presidenta do xurado do premio.

Dapena, que xoga no equipo Viajes Interrías, recibía onte a noticia do premio con alegría, aínda que recoñecía que fora un galardón tan inesperado como a repercusión que acadou a súa protesta de hai unhas semanas. "Eu estaba no sitio e no lugar apropiado para facelo. O premio é de todas as mulleres que loitan día a día, que dan a cara, das que eu aprendín, aínda que sexa eu quen o vaia recoller", explicaba a futbolista onte, recordando o seu compromiso coa causa feminista. Neste sentido, asegurou sentirse orgullosa e alegre de que a súa reivindicación reciba o apoio de tanta xente.

Por iso, a súa intención ao recibir este galardón é dar visibilidade e voz ás mulleres que conforman o movemento feminista, "que son referentes para min". Neste sentido, Dapena considera que o feito de que o Concello considere o seu xesto como meritorio deste apoio é un sinal positivo, pero a moza recorda que o traballo contra a violencia machista "ten que ser diario, non pode quedar na anécdota de que eu me sente durante un minuto de silencio ou na entrega dun premio", dixo a deportista.

Pero o certo é que Dapena non só recibiu mensaxes de apoio despois de sinalar o feito de que Maradona foi acusado de violencia de xénero (mesmo existen vídeos nos que se ve como o futbolista golpea a unha das súas parellas). O xesto da futbolista supuxo tamén unha serie de ameazas e insultos a través das redes sociais, un feito que destacou a concelleira de Cultura, Carmen Fouces, e que engadía máis mérito ao paso dado pola moza nun ámbito como o do fútbol.

Ademais, Maradona faleceu precisamente o 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia Machista, o que dotaba de máis significado a protesta da deportista. A concelleira de Cultura e presidenta do xurado explicou tamén que un dos principios dos premios é recoñecer o labor trascendental de pontevedreses destacados. Neste caso, a repercusión da sentada de Paula Dapena nos minutos previos á celebración dun partido chegou máis alá das fronteiras galegas e deu a volta ao mundo, trascendendo o ámbito local. "Cando o fixen pensei que o verían os meus seguidores de Pontevedra, nada máis, así que toda a repercusión que tivo despois foi unha sorpresa inesperada", recoñecía onte a futbolista a través do teléfono.

"O premio é de todas as mulleres que loitan cada día, que dan a...
Comentarios