jueves. 17.10.2019 |
El tiempo
jueves. 17.10.2019
El tiempo

Os Premios da Música recoñecen o talento de Adrián Saavedra

O pontevedrés Adrián Saavedra agradecendo o seu galardón. RAFA FARIÑA
O pontevedrés Adrián Saavedra agradecendo o seu galardón. RAFA FARIÑA

Bala faise co galardón ao mellor grupo de rock, Igloo co de mellor grupo pop e Nao co de mellor grupo de metal

"Non lembro a miña vida sen música. Por iso para min este premio é tan especial. Vémonos nos escenarios!". O músico e compositor de Cerponzóns Adrián Saavedra fíxose este mércores co Premio Martín Códax da Música na categoría de clásica-contemporánea.

Os galardóns, promovidos pola cooperativa Músicas ao Vivo, entregáronse na noite deste martes nunha gala que tivo lugar no Pazo da Cultura e na que tamén se recoñeceu o traballo de Bala, onde milita a lucense afincada en Pontevedra Violeta Mosquera, na categoría de rock. "Queremos adicarllo a todas as mulleres da música. Estamos aquí, somos moitas e sabemos facer ruído", sinalaron Mosquera e Anxela Baltar. "Porque grupo de chicas non é unha categoría musical. Que saibades que estamos preparando novo disco, así que queda Bala para rato. O panorama musical en Galicia é brutal e temos que sentirnos afortunados".

Anxela Baltar (esquerda) e Violeta Mosquera, Bala, co seu Melómano. RAFA FARIÑA - Premios Martín Códax
Anxela Baltar (esquerda) e Violeta Mosquera, Bala, co seu Melómano. RAFA FARIÑA


Igloo, a banda liderada polo caldense Beni Ferreiro, fíxose co recoñecemento na categoría de pop, e o grupo estradense Nao, na de metal. Estes últimos protagonizaron o discurso incendiario da noite no que cargaron de xeito contundente, entre outras cousas, contra o actual goberno galego.

Outro estradense, Carlos Barruso, foi o que protagonizou o momento máis emotivo da entrega de galardóns, ao recibir o de honra. Xa o homenaxeara Xosé Miguélez ao recibir o premio no apartado de jazz. Despois, Barruso recibiu a gran ovación da noite. "Como sabéis, estoy en los últimos meses de mi maravillosa vida", dixo. "Porque he tenido una vida espectacular. Y todo ha sido gracias a la música".

Carlos Barruos durante a homenaxe que recibiu. RAFA FARIÑA - Premios Martín Códax
Carlos Barruso durante a homenaxe que recibiu. RAFA FARIÑA


Quico Cadaval foi o director artístico (e o animador inicial e un trasunto deslinguado e irónico do tío Marcos da Portela) dunha gala, que estivo conducida por Aldaolado e contou con música en directo da banda de jazz de Pablo Castaño, coa colaboración de Mónica de Nut e Sérgio Tannus.

As reivindicacións estiveron moi presentes ao longo de toda a noite, como xa pasara nas cinco edicións anteriores. Mensaxes feministas ou de apoio á plataforma Defende a Galega escoitáronse nun acto no que se reivindicou o apoio ao sector.

Nao coa camisola de Defende a Galega. RAFA FARIÑA - Premios Martín Códax
Nao coa camisola de Defende a Galega. RAFA FARIÑA


GRAMMY GALEGOS. Marcos Teira gañou na categoría de músicas do mundo; Carmen Rey na de blues, funk e soul, e Los Satélites na de orquestra ("estes son os Grammy galegos", dixeron). A moañesa Wöyza foi recoñecida no apartado de músicas urbanas; Baiuca no de electrónica; Tanxugueiras no de tradicional, e Xoán Curiel e A Banda do Verán no de infantil. Mellor cantautora foi Su Garrido, mellor coro Ejazz e mellor grupo de reggae, ska ou mestizaxe Banda Crebinsky. Mellor festival foi considerado o de Pardiñas, mellor sala El Contrabajo e mellor espazo cultural o Diario Cultural, que se reivindicou como referente na etapa iniciada o ano pasado con María Solar á fronte da programación cultural da CRTVG.

A gala deste mércores poderase ver en diferido pola TVG2 o sábado 11 de maio (22.45 horas) e na TVG ao día seguinte (trala medianoite).

LISTA DE GAÑADORES DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX
POP/INDIE: Igloo
ROCK: Bala
METAL: Nao
JAZZ/MÚSICAS IMPROVISADAS: Xosé Miguélez - ONTOLOGY
MÚSICAS URBANAS: Wöyza
CLÁSICA/CONTEMPORÁNEA: Adrián Saavedra
MÚSICA TRADICIONAL E FOLQUE: Tanxugueiras
MÚSICAS DO MUNDO: Marcos Teira - NÓS
MÚSICA INFANTIL: Xoán Curiel e A Banda do Verán – A CASA DO TERROR
MÚSICA ELECTRÓNICA: Baiuca
REGGAE/SKA/MESTIZAXE: Banda Crebinsky
ORQUESTRAS/GRUPOS/MÚSICA DE VERBENA: Orquestra Los Satélites
BLUES/FUNK/SOUL: Carmen Rey
CANCIÓN DE AUTOR/A: Su Garrido Pombo
COROS E GRUPOS VOCAIS: Ejazz
ORGANISTRUM FESTIVAIS: Festival de Pardiñas
ORGANISTRUM SALAS: El Contrabajo Club
ORGANISTRUM ESPAZOS DE COMUNICACIÓN MUSICAL: Diario Cultural
PREMIO HONORÍFICO MÚSICAS AO VIVO 2019: Carlos Barruso

Os Premios da Música recoñecen o talento de Adrián Saavedra
Comentarios