Edugal volve con tres días de obradoiros e alternativas para a formación

O Salón de Oferta de Educacion e Formación de Galicia celebrarase no Recinto Feiral do 12 ao 14 de febreiro e contará con 56 stands
Gon AEMPE: rueda de prensa de presentación de la 9ª Edición de EdugalOrden de intervencións:            José María Corujo, Presidente de Aempe.  Jorge soto, Vicerrector da Universidade de Vigo.  Director dun centro de FP de Pontevedra e Coordinadoras das Escolas da Unesco.  Conchi Pereiro, Directora de Edugal, falará das novedades de EDUGAL.  Gloria Blanco, Concelleira de Promoción económica. Pecha a presentación, miércoles, 5 feb · 12:00–12:00
photo_camera Presentación de Edugal. GONZALO GARCÍA

Inclusión e sostibilidade son dúas das características que marcarán a novena edición de Edugal, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, que se celebrará a vindeira semana no Recinto Feiral de Pontevedra. Organizado pola Asociación da Mediana e Pequena Empresa (Aempe) chega á súa novena edición e faio co seu obxectivo cada vez máis consolidado de servir de ponte entre a formación e o mundo laboral.

O Recinto Feiral abrirá as súas portas durante os días 12, 13 e 14 de febreiro para que, ao longo de 56 casetas, se ofrezan diferentes alternativas de estudo ao alumnado de ensinos medios. Este mércores presentábase o evento na sede de Asociación da Mediana e Pequena Empresa (AEMPE), entidade organizadora de Edugal, coa presenza da concelleira de Promoción Económica e Universidade, Yoya Blanco; do presidente de Aempe, José María Corujo; Jorge Soto, vicerreitor da Universidade de Vigo; Luisa Márquez, coordinadora estatal das Escolas da Unesco; e Conchi Pereiro, directora de Edugal.

Entre outras novidades, nesta ocasión asistirá a Escola de Adestradores e o Comité Galego de Árbitros, da Federación Galega de Fútbol; o SEPE, Servizo Público de Emprego estatal; a Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo; a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que ofrecerá un obradoiro de interpretación; o Conservatorio de Música Manuel Quiroga, que realizará o concerto de inauguración e o de clausura; o CIFP Carlos Oroza que nesta ocasión desenvolverá un showcooking titulado Resaboreando a mesa do Oroza na que se ofrecerán solucións gastronómicas para aproveitar a comida; e o IES Frei Martín Sarmiento cunha actividade de Oratoria.

Ademais haberá talleres de demostración de hostalería, de audioloxía protésica, de confección e moda, de panadería e pastelería, así como un de hixiene bucodental e próteses dentais. Pola súa banda, Luisa Márquez indicaba que as Escolas Asociadas da Unesco participan para defender obxectivos sustentables, inclusivos e equitativos porque, sinalou, o profesorado, alumnado e nais e pais están a debater sobre a educación para o futuro co obxectivo de buscar emprego de calidade.

Axenda
Mércores
Mañá: Obradoiro demostración de Téxtil, Confección e Moda, a cargo do alumnado 2º CM Confección e Moda. A profesora responsable é Raquel Álvarez. Realizaranse técnicas de confección, origami, tintura de prendas. Mostraxe de mobles tapizados e de prendas elaboradas polo alumnado.

Tarde: Obradoiro demostración de Audioloxía Protésica,a cargo do alumnado de
ZS Audioloxía Protésica. As profesoras responsables, Mariña Chaves e Rosa Mª
Ureta. Realizaranse exploracións do oído mediante videotoscopia, medicións de
ruido ambiental con sonómetros, demostración dunha impresión do oído.
Xoves

Mañá: Obradoiro demostración de Hostalaría, a cargo do alumnado de 1º e 2º FP Básica Cociña e Restauración. Os profesores responsables son Alejandro Loimil e Isaac Martín. Realizaranse demostracións de Coctalaría sen Alcohol, decoración de froitas, montaxe de mesa e servizo de restaurante. Demostración de montaxe de alta cociña en miniatura: Canastilla salgada de froitos do mar, Galleta crujiente con produtos da horta e mouse de alioli, Piruletas de chocolate, patatillas e sal maldon, Gitanillos de xamón york e queixo en pan de leite, Miniburgues con vexetais, Muselinas de atún en pan galego, Popupurri de vexetais sobre blinis, Pescadiños de mar en escabeche tibio, Crema da horta con cochino serrano.

Tarde: Obradoiro demostración de Panadaría e Pastelaría,a cargo do alumnado de CM Panadaría, Repostaría e Confeitaría. O profesorado responsable, Lucho Tizado. Realizaranse demostracións de técnicas de panadaría e montaxe pequena pastelaría: Mini tartas de mazán, Mini croisants, Mini pezas de bolaría hoxaldrada rechea, Empanadas variadas, Rocas de chocolate, Surtidos de galletas, Bicas, Surtido de pans. Mostraxe de paquetería e tartas decoradas.
Venres:

Mañá: Obradoiro demostración de Hixiene Bucodental e Próteses dentais, a cargo do alumnado de CS Hixiene Bucodental e CS Próteses Dentais. O profesorado responsable é Mª José Vázquez, Manuel Torrón e Cruz Gonzalez. Realizaranse demostracións de Elaboración de modelos dentais, Realización de férulas de ortodoncia, Traballo con cera para elaborar pezas dentais, Axuntes de pezas mediante fresado con micromotor, Mostraxe de traballos realizados polo alumnado. Realización de técnicas de hixiene bucodental.

Comentarios