Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

O primeiro día de portas abertas en Soutomaior reúne a case mil persoas

Tres cativos contemplan o 'videomapping' sobre Pedro Madruga. DP
Tres cativos contemplan o 'videomapping' sobre Pedro Madruga. DP

Entre os visitantes ao castelo estiveron grupos procedentes de Alemaña e de Portugal

"Un éxito absoluto". Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o resultado da primeira xornada de portas abertas organizada para dar a coñecer a nova musealización do castelo de Soutomaior. A cita foi o pasado domingo e nela participaron preto dun milleiro de persoas. Entre os visitantes houbo numerosas familias con nenos e, ademais de veciños da provincia, tamén acudiron grupos procedentes de países estranxeiros, concretamente, de Alemaña e Portugal.

Estas xornadas de portas abertas continuarán os días 20, 21, 22, 24 e 25 deste mes, coa posibilidade de realizar un percorrido polo castelo a través de visitas libres ou guiadas. Para participar nesta última modalidade, que incluirá sesións a partir do día 21 ás 11.00 e ás 17.00 horas, será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico [email protected], xa que as prazas están limitadas a 22 persoas por grupo.

A Deputación de Pontevedra investiu na musealización do castelo 700.000 euros "para dotalo de contido, de historia e rigor, pero tamén de vangarda, modernidade e de novas tecnoloxías á altura de calquera castelo de Europa ou de todo o mundo", asegurou a presidenta provincial.

De feito, o castelo conta con materiais explicativos interactivos, incluíndo sete audiovisuais, recreacións en 3D, un videomapping e tres caixas máxicas.

GALA DE REAPERTURA. A institución provincial celebra este martes unha gala para celebrar a súa reapertura coa musealización. Segundo indicou Silva, o evento estará "repleto de música e moitas sorpresas" e terá lugar nos xardíns do castelo, onde se darán cita numerosos representantes da sociedade pontevedresa.

Desde agora, as persoas que visiten este Ben de Interese Cultural poderán percorrer unha decena de estancias a través das cales coñecerán, de maneira didáctica e amena, os fitos cronolóxicos dende a fundación do castelo (no século XII) ata a súa adquisición pola Deputación en 1982, o control que desde él se exercía sobre o territorio, a influencia dos Irmandiños, as figuras de Pedro Madruga e María Vinyals e a liñaxe dos Sotomayor, entre outros aspectos.

O primeiro día de portas abertas en Soutomaior reúne a case mil...
Comentarios