martes. 02.03.2021 |
El tiempo
martes. 02.03.2021
El tiempo

Primeiros pasos para a eliminación dos restos do franquismo en Galicia

Luís Bará presidindo a xuntanza galega para impulsar as políticas públicas de memoria histórica. DAVID FREIRE
Luís Bará presidindo a xuntanza galega para impulsar as políticas públicas de memoria histórica. DAVID FREIRE

Diversos concellos galegos sentan en Pontevedra as bases para a creación da Rede Galega contra o esquecemento e a impunidade

A Casa da Luz foi o centro de reunión, na tarde deste venres, da xuntanza de concellos e deputacións galegas para impulsar a memoria histórica e iniciar unha etapa de cooperación arredor de diversas liñas de actuación .

A Concellería de Memoria Histórica, con Luis Bará á cabeza, foi quen convocou esta xunta que, como ben explicou o propio Bará, "ten dous motivos principais enfocados a coñecer o sentido que deben ter as políticas públicas sobre memoria histórica, sobre todo no ámbito local".

Na cita tamén estiveron presentes representantes de diversos concellos, deputacións, asociacións galegas e investigadores do ámbito histórico democrático galego, que acudiron a título persoal.

No seo desta reunión levouse a cabo unha toma de contacto para coñecer o labor que se está facendo actualmente, no ámbito local, en cuestións de memoria histórica e, nun segundo lugar, sendo o obxectivo principal da convocatoria, o estudo e análise ó respeto da proposta de creación dunha rede, totalmente galega, sobre políticas de memoria histórica.

Luís Bará recordou ós convocados a existencia dun proxecto que leva por nome "Rede galega contra o esquecemento e a impunidade", que "non é outra cousa que unha plataforma institucional para promover actuacións comúns neste ámbito".

ACTUACIÓN. Na xuntaza levouse a debate non só a creación da rede galega contra o esquecemento, senón tamén as liñas de actuación nas que esta rede funcionará.

A condena ó franquismo e as súas pervivencias e continuidades son o punto de partida do manifesto que percorre diferentes aspectos da época. A eliminación da simboloxía e títulos nobiliarios da exaltación do franquismo, a organización dunha homenaxe anual ás vítimas da represión, o desenvolvemento dunha actuación institucional para a localización e identificación das persoas desaparecidas, o reclamo para que se eliminen os actos de apoloxía da ditadura e o apoio ás iniciativas pro devolución dos bens expoliados pola familia Franco son algúns dos epígrafes que se atopan dentro destas liñas.

Ademais, a Rede tamén contempla o compromiso para o desenvolvemento de políticas públicas baseadas no recoñecemento dos dereitos fundamentais das vítimas e a sociedade no seu conxunto.

Por último, propúxose a creación dun grupo de traballo para o estudo de accións ante organismos internacionais.

REFERENCIA. A principios deste ano levouse a cabo a creación, a nivel estatal, da "Rede Autonómica da Memoria de Navarra" con participación de todas as comunidades autónomas, as cales asinaron unha declaración de colaboración. O concelleiro asegurou que esta declaración é a referencia principal que temos en Galicia para poñer en marcha esta cuestión sobre a nosa memoria democrática. Por outra banda, Bará destacou que "pretendemos que este sexa un proxecto informal, que non requira concretarse en acordos institucionais nin unha estrutura fixa que necesite excesivos gastos nin persoal".

Tras esta xuntanza, realizarase outra en outono para formalizar e presentar as liñas definitivas de actuación.

Primeiros pasos para a eliminación dos restos do franquismo en Galicia
Comentarios
ç