domingo. 18.04.2021 |
El tiempo
domingo. 18.04.2021
El tiempo

A primera fase do centro asistencial de Cáritas estará rematada en decembro

Visita ás obras do futuro centro asistencial de Cáritas. DP
Visita ás obras do futuro centro asistencial de Cáritas. DP
A actuación conta cun investimento de 548.000 euros

A primeira fase do futuro centro asistencial de Cáritas en Pontevedra estará rematada no vindeiro mes de decembro e suporá un investimento de 548.000 euros. Así o indicou este mércores Mauro Lomba, arquitecto encargado do proxecto, no marco dunha visita do concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey, para supervisar o avance das obras de reforma integral do inmoble situado na rúa Joaquín Costa, na que estivo acompañado polo director de Cáritas Diocesana de Santiago, José Anuncio Mouriño, e por outros membros da entidade.

Lomba sinalou que "o futuro albergue, comparado co actual de Monte Porreiro, disporá dunha maior capacidade e dimensión, así como dunha excelente localización". Tamén indicou non só se usará como albergue, "senón tamén como sede de Proyecto Hombre, como lugar de abrigo e como espazo de descanso, grazas á ampla zona verde coa que conta".

Tal e como subliñou José Anuncio Mouriño, con este proxecto "estamos dignificando ás persoas, aos traballadores, aos voluntarios e a Pontevedra". "O obxectivo é crear un fogar, non un simple edificio ou unha solución precaria, para as persoas que teñan a vontade de recuperarse a través do centro de formación co que contará”, asegurou o director de Cáritas Interparroquial.

Pola súa banda, o edil socialista Marcos Rey incidiu no compromiso do Concello "coa esencial actividade que Cáritas desenvolve na nosa cidade para garantir teito e un prato de comida ás persoas máis necesitadas", constatando que "a achega anual destinada ao convenio de colaboración entre a Administración municipal e a entidade incrementouse nestes últimos anos de 29.000 a 34.000 euros".

O futuro centro asistencial de Pontevedra suporá un investimento que rondará o millón de euros, que Cáritas financiará mediante un sistema de crowdfunding, así como con achegas doutras administracións públicas.

O proxecto en marcha transformará o edificio de servizos xerais de Joaquín Costa nun centro de día oficial para as persoas sen fogar, creando 20 habitacións para homes e seis para mulleres no primeiro andar, e poñendo en marcha un centro de formación como os que a entidade ten en A Coruña ou Santiago para que os usuarios acaden un posto de traballo que lles permita vivir dignamente.

Nunha segunda fase, está prevista a creación dunhas vivendas de transición para persoas que estean na rúa e queiran rehabilitarse no segundo andar do inmoble.

A primera fase do centro asistencial de Cáritas estará rematada en...
Comentarios
ç