viernes. 21.01.2022 |
El tiempo
viernes. 21.01.2022
El tiempo

Prisión provisional sen fianza para nove dos detidos por fabricar tabaco

Parte del material incautado en la operación Straperlo. POLICÍA NACIONAL
Parte del material incautado en la operación Straperlo. POLICÍA NACIONAL
Realizáronse rexistros en tres naves de Ponteareas, Coles e Valladolid e en dúas vivendas situadas en Pontevedra e Ourense

Os 25 detidos nunha operación para desarticular unha banda dedicada a fabricar tabaco ilegalmente pasaron o sábado a disposición xudicial e o xuíz responsable do caso ordenou prisión provisional sen fianza para nove deles e liberdade coa obrigación de comparecer no xulgado para os outros 16. 

Fontes xudiciais indicaron a Europa Press que as nove persoas que irán a prisión provisionalmente poderán comunicarse e para o resto, ademais da obrigación das comparecencias, estableceuse a prohibición de saír do territorio nacional. A causa aberta contra eles é por fabricación clandestina de tabaco e delito de organización criminal. 

Fontes da investigación agregaron que as nove persoas en prisión provisional son os considerados líderes da organización, os que se encargaban de labores de seguridade e o condutor que transportaba a carga. Ao resto considéranse traballadores. 

Os 25 foron apresados o pasado xoves, 20 de agosto, durante os rexistros a tres naves das provincias de Ourense, Pontevedra e Valladolid e dúas vivendas situadas en Pontevedra e Ourense, nos que os axentes se incautaron dunhas 150 toneladas de mercadorías e 250.000 cigarros xa fabricados, cun valor estimado de 21 millóns de euros. 

A operación, bautizada como 'Straperlo', foi levada a cabo de forma conxunta pola Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, a Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense e o GRECO Galicia da Policía Nacional. 

O grupo empezara en xuño a fabricar de forma clandestina cigarros, que tiñan como destino previsible países da Unión Europea nos que se comercializarían con usurpación da marca Marlboro. Na operación foron detidas 25 persoas procedentes de Ucraína (19), Moldavia (tres), Romanía (dous) e Portugal (unha).

REXISTROS E DETENCIÓNS. O pasado xoves un dispositivo composto por máis de 80 axentes procedeu aos rexistros e as detencións. En concreto, entraron nunha nave en Cambeo, en Coles (Ourense), na que se montaron as instalacións principais para a fabricación dos paquetes e na que detiveron a 21 persoas, a maioría de nacionalidade ucraína e moldava. 

Os axentes rexistraron tamén unha nave industrial e os seus anexos no lugar da Porteliña, en Ponteareas (Pontevedra), onde se interveu moita materia prima. Ademais, entraron en dous domicilios particulares en Ourense e Pontevedra, nos que foron apresados responsables da organización --un deles en Pontevedra-- de nacionalidade romanesa e portuguesa e foron intervidos tres vehículos. 

O último dos rexistros realizouse nunha nave situada na avenida de Madrid de Valladolid, na que se atoparon materiais como filtros para cigarros.

Prisión provisional sen fianza para nove dos detidos por fabricar...
Comentarios