Programa Entroido 2016

Venres 5 de febreiro de 2016
20.00 horas. Praza da Verdura. Degustación de filloas de Entroido
21.00 horas Praza da Verdura. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoríños de Bora, Os da Caña, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os do Val do Lérez.
Lectura do pregón a cargo de VAMOS A TODO

Sábado 6 de febreiro de 2016
11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos
SUSPENDIDO POLA CHUVIA
16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación
17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades

Luns 8 de febreiro de 2016
De 10.00 a 20.00 horas. II Campamento Urbán 'Entroido Pirata'. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos
17.00 horas. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces
19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Comando Foucellas.
21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXV Concurso de Murgas

Martes 9 de febreiro de 2016
De 10.00 a 20.00 horas. II Campamento Urbán 'Entroido Pirata'. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos
16.30 horas. Concurso de Filloas. Casa da Luz
17.00 horas. NOVA UBICACIÓN. Recinto Feiral. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ.
22.00 horas Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. 

A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Cana, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Val do Lérez e Equipo Ja e o grupo Vamos a Todo.

Mércores 10 de febreiro de 2016
17.00 horas Praza da Peregrina. Obradoiro: 'As Máscaras de Ravachol'
18.00 horas. Discoteca El Sarao. Baile de disfraces para persoas maiores.
19.00 horas. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación de Comando Foucellas
21.00 horas. Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XX V Concurso de Murgas

Xoves 11 de febreiro de 2016
21.00 horas. Pazo da Cultura. Final do XXV Concurso de Murgas

Venres 12 de febreiro de 2016
23.00 horas. Prazas e rúas da cidade. XXI Mostra da Parodia do Entroido.
02.00 horas. Praza da Ferraría. Entrega de premios da XXI Mostra da Parodia do Entroido

Sábado 13 de febreiro de 2016
16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación.

17:00 horas Campo da festa de Cabaleiro. Recuperación do entroido tradicional de Campañó. A Corrida da Rosca.
17.00 horas. Desfile do Entroido. NOVO PERCORRIDO. Saída dende a Rúa Eduardo Pondal, Uxío Novoneira, Cobián Areal, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda.
18:00 horas Centro Cultural de Campañó. Festival Infantil do Entroido.

20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades

Domingo 14 de febreiro de 2016
12:00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo, actuación de Comando Foucellas.
18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso
20.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura acompañado do seu séquito e as comparsas: Val do Lérez, Amoriños de Bora, Os Paparrulos, Os Solfamidas, Las Flores del Carnaval e Os da Caña e o grupo Vamos a Todo, percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría.

VELADA INFAUSTA. Cabodano das honras fúnebres do fenecido Ravachol. Praza da Ferraría. Procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar unha sentida coroa fúnebre, cun espectáculo necrolóxico.

IV XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
Ciclo de conferencias e exposicións sobre o Entroido de Galiza o 19 e o 20 de febreiro de 2016
Lugar: Casa da Luz.

Do venres 19 ao sábado 20 de febreiro de 2016
De 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas Exposición fotográfica sobre o Entroido de Galiza.

Venres 19 de febreiro de 2016
18.30 horas Apertura das xornadas.
18.45 horas Conferencia de Anxo Rosales e Rafael Quintía: 'O Entroido tradicional de Xermade'
19.30 horas Conferencia de Lois Pardo: 'O proxecto de recuperación da Pita de Eroás: au- tenticidade e creación'
20.15 horas Conferencia de Xosé Manuel Seixas: ‘Tipoloxía e construción das máscaras do Entroido galego'

Sábado 20 de febreiro de 2016
18.30 horas Conferencia de Damián Otero: 'O Carnaval do Hío dende dentro: unha aposta pola tradición'
19.15 horas Conferencia de José Rodríguez Cruz: 'O Entroido da Raia'
20.00 horas Conferencia de Miguel Alonso: 'Máscara, identidade e transformación'
21.00 horas Mesa redonda e coloquio.

Comentarios