sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Promoción Económica comeza o reparto das 5.000 bolsas de Nadal de #Pontelovers

Yoya Blanco e Daniel Lorenzo. DP
Yoya Blanco e Daniel Lorenzo. DP
Yoya Blanco entregou a primeira partida a Daniel Lorenzo, presidente de Hoempo

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, entregou este xoves a primeira partida de bolsas da plataforma #PonteLovers ao presidente da Asociación de Hosteleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Daniel Lorenzo.

A remesa forma parte das 5.000 unidades que se repartirán nos vindeiros días entre os principais colectivos comerciais e empresariais da cidade para a campaña de Nadal, como Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas (Ape), a Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (Aempe), Asociación de Jóvenes Empresarios (Aje) e Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCU ZM), así como entre os ambulantes dos mercadillos de Pontevedra.

"Trátase dunhas bolsas de papel moi útiles, tanto para que os clientes que asistan en persoa aos establecementos comerciais poidan levarse consigo os seus agasallos de Nadal, como para a recollida de comida para levar nos restaurantes e locais de hostalería ou mesmo para os delivery (envíos da domicilio)", explicou Blanco. 

A concelleira engadiu que, "á marxe do aforro" que supón o emprego destas bolsas, "é un xeito de vender a marca cidade cunha imaxe unifome e dun xeito cohesionado". 

Promoción Económica comeza o reparto das 5.000 bolsas de Nadal de...
Comentarios