A provincia de Pontevedra estará en alerta amarela por fortes ventos e choivas

Os ventos de forza sete e compoñente sur poderán chegar a acadar os 80 quilómetros por hora
Imaxe da xornada chuviosa deste martes en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera Imaxe da xornada chuviosa deste martes en Pontevedra. GONZALO GARCÍA

As provincia de Pontevedra estará este mércores en alerta amarela debido a un fenómeno meteorolóxico que deixará fortes ventos e choivas no territorio. 

Segundo os datos de Meteogalicia, rexistraranse ventos de forza sete e compoñente sur, chegando a acadar os 80 quilómetros por hora en case todo o litoral galego. Os refachos darán lugar a mar combinada con ondas de 4 a 5 metros mar dentro.

Doutra banda, entre as 18 e as 21.00 horas, espéranse precipitacións con máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora na provincia de Pontevedra. 

Comentarios