Un proxecto de oncoestética de dous IES pontevedreses recibe un Premio Innova

Céntrase no asesoramento e venda de produtos e servizos de imaxe persoal para persoas con cancro
Alumnado do IES Montecelo que participa na iniciativa. DP
photo_camera Alumnado do IES Montecelo que participa na iniciativa. DP

Investigacións sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de imaxe persoal para clientes oncolóxicos coa axuda de ferramentas dixitais é o nome do proxecto promovido por dous institutos de Pontevedra que vén de recibir un Premio Innova FP Galicia, dotado con 21.943 euros para iniciar unha liña de traballo e investigación ao respecto.

A iniciativa está liderada polo IES Frei Martín Sarmiento, coa participación do IES Montecelo e do IES Lamas Abade, de Santiago de Compostela. Ademais, conta coa colaboración de dúas entidades: Talaso Atlántico H. SL e Bendifferential.

Comentarios