O PSOE critica no Parlamento "o enésimo atraso" das obras do Gran Montecelo

O deputado Julio Torrado reproba "os alardes de propaganda" de Núñez Feijóo, que só deixan un "trato inaceptable" para Pontevedra
202008041353317970
photo_camera O deputado Julio Torrado.

O deputado do PSOE por Pontevedra Julio Torrado denunciou onte "a nova tomadura de pelo da Xunta aos pontevedreses" ao confirmarse "o enésimo retraso" nas obras do Gran Montecelo.

"É difícil ser tan deficiente", recalcou o socialista, facendo a lusión ao reinicio do procedemento de licitación das obras de ampliación do hospital despois de que só se presentase unha empresa. Sobre todo, como explicou, porque "o sector xa advertira á Xunta de que existían cuestións na licitación que impedían a súa realización".

"Que foi o que levou ao goberno de Feijóo a non atender a estas cuestións con anterioridade ? Por que non corrixiron antes estes aspectos?", inquiriu Julio Torrado, sen esquecerse da "escura casualidade" de que a apertura dos sobres se programara para o día despois das eleccións autonómicas.

Neste contexto, o deputado subliñou que "Núñez Feijóo promete moi ben, pero cumpre moi mal", toda vez que vai alá xa unha década de incumprimentos con Pontevedra.

Comentarios