jueves. 28.01.2021 |
El tiempo
jueves. 28.01.2021
El tiempo

O PSOE destaca que a provincia recibirá un 25% máis do Estado

Rolda ofrecida na sede provincial do PSdeG. DP
Rolda ofrecida na sede provincial do PSdeG. DP
Caballero lamenta a falta do respaldo do BNG para aprobar os PGE

Unhas contas que "benefician a Galicia" e que "invisten por galego máis do que invisten por madrileño, catalán, andaluz ou valenciano". Así definiu onte o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, os Orzamentos do Estado para o 2021, nunha visita á sede pontevedresa do partido xunto ao secretario provincial, David Regades.

Coincidindo coa aprobación dos Presupuestos Generales del Estado, Caballero criticou a posición de PP e BNG, pois considera que "poñerse en contra" destas contas "é poñerse en contra da suba das pensións, do incremento dos salarios dos empregados públicos ou da rebaixa histórica das peaxes da AP-9"

O socialista lamentou a falla de "corresponsabilidade" do BNG ao non votar "coas forzas progresistas" e converterse "nun elemento que fai o caldo gordo a PP e VOX". Según dixo, son contas que permiten "saldar unha débeda histórica" como é a rebaixa da AP-9, á que se dedican 63 millóns, "un feito histórico para o transporte en Galicia que vai levar o selo de identidade do PSOE e de Pedro Sánchez". 

Caballero destacou o nivel de investimento para a provincia de Pontevedra, que "implica un incremento de máis dun 25% e resolverá asuntos moi importantes para Pontevedra", como o nudo de bombeiros, a circunvalación da cidade ou o Arquivo Histórico Provincial. En canto aos Orzamentos da Xunta, lamentou que "non haxa proxecto para a recuperación", xa que cre que as contas presentadas polo Goberno galego "carecen de impulso e liñas de orientación mestra".

MONTECELO. Pola súa banda, Regades aplaudiu tamén os Orzamentos Xerais do Estado, "porque cren na provincia de Pontevedra". O socialista destacou o investimento de "60 millóns en Industria" para comparala cos "1,5 millóns" que a Xunta reserva para o desenvolvemento industrial da provincia. De feito, apelou á súa condición de delegado do Consorcio da Zona Franca para reclamar unha aposta decidida pola industrialización da provincia, como fórmula para crear unha economía "máis resistente". 

En canto aos orzamentos da Xunta, Regades criticou que "Pontevedra volve a ser a gran prexudicada", sendo a provincia "máis castigada e a que menos recibe por habitante, 125 euros por persoa". 

Regades criticou, ademais, que "Feijóo prometera inaugurar o Hospital Montecelo en 2014", pero que nos Orzamentos deste ano "dalle unha patada para adiante e di que con sorte podería estar en 2024". Ademais, sobre o Hospital do Salnés destacou que "escasamente ten unha partida dun millón, a peor dotación prevista para todos os hospitais de Galicia". 

O PSOE destaca que a provincia recibirá un 25% máis do Estado
Comentarios