O PSOE pídelle á Xunta que asuma a unidade local de drogodependencia

A deputada Paloma Castro propuxo un traspado da institución e do seu persoal "no medio prazo"
Imaxe de arquivo de Paloma Castro. DAVID FREIRE
photo_camera Imagen de archivo de Paloma Castro. DAVID FREIRE

A deputada socialista Paloma Castro presentou este mércores no Parlamento autonómico unha proposición non de lei instando á Xunta para que inicie o proceso de xestión e financiación íntegra da Unidade de Atención á Drogodependencia de Pontevedra, con todo o seu persoal.

A portavoz do PSdeG lembrou que neste momento, o Concello de Pontevedra xestiona e asume os custos dunha Unidade de Atención á Drogodependencia, integrada por oito profesionais (dous psiquiatras, dous psicólogos, un enfermeiro, dous auxiliares de clínica e unha traballadora social) todos eles preto da xubilación, que están a facer tarefas sanitarias, e que contan con equipos informáticos do Sergas.

Na proposta suxírese unha integración de maneira secuencial, comezando pola integración funcional para, no medio prazo, iniciar a integración orgánica, mediante a contratación pola Administración autonómica do persoal da rede de drogodependencias, que teña que contratarse para cubrir as xubilacións, ata a asunción total.

A Unidade de Atención á Drogodependencia de Pontevedra creouse no ano 1992, para dar resposta á problemática social causada a consecuencia das drogas. Esta creación municipal de redes asistenciais para o tratamento das drogodependencias, créase para dar unha resposta inmediata, pola rapidez con que emerxeron e se estenderon os consumos de drogas nos anos oitenta, a gravidade de algúns problemas asociados a eses consumos e a crecente demanda das persoas drogodependentes e dos seus familiares de servizos para o seu tratamento.

Comentarios