O PSOE provincial amosa o seu apoio ás empregadas de H&M afectadas por un ERE

Abel Caballero e David Regades acompañaron ao colectivo na súa concentración 
Protesta simultánea de las empleadas de H&M en Ourense, también afectadas por el ERE. EFE
photo_camera Protesta anterior das empregadas de H&M en Ourense, tamén afectadas polo ERE. EFE

O grupo provincial do PSdeG-PSOE expresou eset sábado o seu apoio ao colectivo de traballadoras de H&M afectadas polo ERE que a compañía sueca ten planteado para varias tendas de Galicia.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o secretario xeral dos socialistas da provincia, David Regades, acompañaron ao colectivo na concentración que realizou este sábado na viguesa rúa do Príncipe.

Pola mañá tamén houbo unha concentración fronte ao establecemento de H&M na rúa de Benito Corbal. Regades reclamou un verdadeiro plan de apoio para o comercio galego.

Comentarios