O PSOE respalda trasladar o mercado ambulante ao barrio de Campolongo

Os socialistas destacan a boa acollida que tivo nestes días nesa ubicación

Uno de los puestos de la feria celebrada por segundo fin de semana consecutivo en el barrio de Campolongo debido al Mundial de Triatlón. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Uno de los puestos de la feria celebrada por segundo fin de semana consecutivo en el barrio de Campolongo debido al Mundial de Triatlón. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

O PSOE de Pontevedra respalda a proposta de feirantes e usuarios de trasladar o mercado ambulante ao barrio de Campolongo, onde estivo ubicado durante as xornadas de celebración do Campionato do Mundo de Triatlón.

Ese é o compromiso que este domingo lle fixo a número dous da lista do PSOE ás eleccións municipais, Gloria Blanco, á Asociación Galega de Ambulantes Autónomas.

Tal e como sinalou a candidata socialista, "trátase dunha vella reivindicación" de moitos vendedores e, "ante o tremendo éxito e acollida coa que tivo nestes días pasados, quedou claro que se trata dunha proposta que podería funcionar perfectamente".

Blanco constata que "as vibracións" que lle fixeron chegar dende a Asociación Galega de Ambulantes "foron moi boas", xa que “neses días de competicións de triatlón nos que estiveron en Campolongo, tiveron unha porcentaxe de asistencia de público moi superior ao habitual”.

Segundo lle comunicou o colectivo, o céntrico barrio pontevedrés “é moi tranquilo e dispón de espazo suficiente no caso de que se queira ampliar o número de postos”. "Tanto para a xente maior como para a que non o é, non é lóxico que teñan que pasa-lo traballo de cruzr a ponte de Santiago, o que ás veces se convirte nunha odisea en inverno -subliña-, cando se dispón doutro emprazamento que gusta a practicamente todos”.

Comentarios