miércoles. 03.03.2021 |
El tiempo
miércoles. 03.03.2021
El tiempo

O PSOE urxe á Xunta que habilite o teletraballo aos seus traballadores que así o soliciten

Imaxe de arquivo de Paloma Castro. DAVID FREIRE
Imaxe de arquivo de Paloma Castro. DAVID FREIRE
Paloma Castro leva ao Parlamento as demandas dos sindicatos UGT e CC OO e que o Goberno galego "predique co exemplo e facilite ese autoconfinamento"

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Paloma Castro, anunciou que defenderá no Parlamento unha serie de propostas na liña das demandas dos sindicatos UGT e CC OO, que veñen de reclamarlle á Xunta que habilite o teletraballo aos traballadores da Administración autonómica que así o soliciten.

A responsable socialista reclámalle á Xunta que "predique co exemplo e faciliten ese autoconfinamento de facto do que fala Feijóo", desbloqueando o teletraballo para os traballadores autonómicos que non desempeñen funcións cara ao público. Castro xa presentou unha proposición non de Lei neste sentido na Comisión de Política Institucional do Parlamento, que foi rexeitada polo PP, e volverá defender esta proposta logo da petición sindical.

COMO NA PRIMEIRA ONDA. A responsable socialista reclamoulle ao Goberno galego "que actúe do mesmo xeito que fixo na primeira onda da pandemia, concedendo con carácter xeral e extraordinario o teletraballo á meirande parte das persoas empregadas públicas que así o solicitasen. "Se daquela habilitaron esta fórmula excepcional máis laxa que a ordinaria, a situación actual, moito máis grave, fai que a medida estea plenamente xustificada".

O Grupo Socialista solicítalle á Xunta de Galicia que conceda o teletraballo ordinario "mentres nos atopemos nesta situación de emerxencia sanitaria» a aquelas persoas traballadoras da Administración galega que o pidan salvo aqueles casos nos que desempeñen funcións cara ao público ou nos que a súa presenza sexa indispensable".

"Desta forma -dixo Paloma Castro-, o Goberno galego daría exemplo do cumprimento das recomendacións do propio presidente da Xunta", pedindo un "exercicio de responsabilidade" que dea paso a unha sorte de "autoconfinamento" e limitando ao máximo as relacións sociais, adoptando o teletraballo "sempre que sexa posible".  

Lamentou sen embargo "que estas recomendacións, acompañadas de medidas estritas para evitar ao indispensable as relacións sociais, foran acompañadas da súa habitual estratexia de botar balóns fora e eximirse de responsabilidade pola situación sanitaria na que nos atopamos, culpando ao Goberno de España e á cidadanía". Ademais, Paloma Castro advertiu de que estas declaracións "semellan máis unha desculpa de patio de colexio que a actitude dun xestor responsable".

O PSOE urxe á Xunta que habilite o teletraballo aos seus...
Comentarios
ç