Centos de persoas ateigaron o auditorio do Pazo de Cultura de Pontevedra para presenzar a segunda semifinal do XXIX Concurso de Murgas do Entroido, na que participan seis agrupacións: Los PTV, Os Arrombados, Murga do Naveiro, Leña Verde, Equipo Ja e Os da Prensa.
Los PTV dedicáronlle ao Satisfyer a mítica canción dos Rolling Stones, Satisfaction.
Os Arrombados, do Grove, bromearon sobre La isla de las tentaciones, o alumeado de Vigo e o narcosubmarino, coa música de Emborracharme, de Lori Meyers.
O Equipo Ja empregou unha portada do Diario para a impresión das súas letras.