domingo. 22.09.2019 |
El tiempo
domingo. 22.09.2019
El tiempo

"Que a hostalería estea de moda é a consecuencia dun bo traballo"

Javier Olleros, Óscar Quintana e Ana Rodríguez, de Culler de Pau, impartiron unha clase maxistral. DAVID FREIRE
Javier Olleros, Óscar Quintana e Ana Rodríguez, de Culler de Pau, impartiron unha clase maxistral. DAVID FREIRE

O conselleiro de Educación e os seus homólogos de Asturias e Castela participaron no III Encontro Internacional de FP do sector

"Coñecen El Cafetín? É un restaurante no que se come moi ben", afirmou onte o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na clausura do Encontro Internacional de FP no sector da hostalaría, cuxo anfitrión foi o CIFP Carlos Oroza. Non o dixo por nada. "O chef é alumno desta casa. E non é un caso aillado", senón que pertence á clase de profesionais que amosan "unha forte paixón do que significa o paso por esta escola", un hecho del que "o profesorado" tiene la culpa, porque "transmite as ganas de facer cousas para que poidan enfrontarse á vida profesional".

Así mesmo, Rodríguez negou que o auxe da hostalería produza un incremento da matrícula en centros coma o Oroza, senón que "a notoriedade" deste sector "é a consecuencia do bo traballo".

Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal participaron nesta xornada sobre a Formación Profesional, co fin de intercambiar experiencias de éxito e intentar buscar respostas conxuntas de cara aos retos vindeiros que presenta esta modalidade e, en concreto, a familia profesional de Hostalería e Turismo. No peche do evento, ademais de Rodríguez, tamén participaron os conselleiros de Educación de Asturias, Genaro Alonso, e Castela e León, Fernando Rey.

Durante a súa intervención, o conselleiro galego destacou o "éxito" da FP, tanto a nivel de alumnado como de calidade. En concreto, salientou a taxa de inserción laboral da familia profesional de Hostalaría e Turismo, a máis alta de todas a FP galega. Segundo o último estudo realizado, correspondente a alumnado que rematou a FCT en 2015, o 82,4% dos alumnos que cursaron un ciclo desta familia obtiveron un emprego. Por outro lado, case un 16% proxecta crear a súa propia empresa nos anos seguintes ao remate do ciclo, o que demostra o alto espírito emprendedor neste sector. "Negar que a FP galega é unha porta aberta ao emprego é negar unha evidencia".

Fernando Rey, Manuel Hermo, Román Rodríguez e Genaro Alonso na clausura do encontro. DAVID FREIRE
Fernando Rey, Manuel Hermo, Román Rodríguez e Genaro Alonso na clausura do encontro. DAVID FREIRE

 

Ademais, tamén lembrou a alta matrícula que congrega esta familia profesional, que se duplicou desde o curso 2008-09, pasando dos 1.923 a 3.600 alumnos nese tempo. Así mesmo, puxo en valor os oito centros referentes neste ámbito, que desde 2014 constitúen a Rede Galega de Formación Profesional de Hostalaría (eduHostalaría). Estes centros, nos que se inclúe o propio CIFP Carlos Oroza, son sinónimo, nas súas palabras, "de innovación e creatividade".

O encontro de onte xorde un mes despois da reunión de traballo mantida en León entre os equipos de Educación de Galicia, Asturias e Castela e León. Desa cita interrexional xurdiu un documento de conclusións, no que figuraban algúns dos desafíos que presenta a FP, nomeadamente a FP Dual.

PRIMEIRO EN PONTEVEDRA. Neste sentido, Rodríguez lembrou aqueles puntos que suscitan acordo entre ambas as tres comunidades, como é a necesidade de implicar aos axentes sociais e sectores produtivos no desenvolvemento da FP Dual, así como definir un marco nacional flexible que permita a coexistencia de diferentes modelos que dean resposta ás peculiaridades existentes en cada comunidade, ás especificidades da contorna produtiva e aos cambios tecnolóxicos e organizativos cada vez máis rápidos e imprevisibles.

As dúas primeiras edicións deste encontro celebráranse en Compostela. Desta volta, en Pontevedra, a xornada dedicouse á innovación e novas tendencias en sala, co fin de coñecer experiencias innovadoras no servizo e na atención ao cliente. Para iso, contouse coa participación de profesionais de renome do sector, procedentes dos restaurantes Arzak, Mugaritz, Yayo Daporta, O Balado e Culler de Pau.

Ademais, tamén asistiron directores de centros de FP de Asturias e Castela e León, así como de Portugal. Pola banda de Galicia, participaron alumnos e profesores de seis dos oito centros que conforman eduHostalaría. Os representantes dos IES de Foz e Sanxillao (Lugo) non puideron acudir por mor das inclemencias meteorolóxicas. "O Carlos Oroza é hoxe o santuario do Camiño de Santiago", apostillou o director do CIFP, Manuel Hermo, ao contar coa representación de comunidades do Norte de España e tamén de Portugal. Así mesmo, destacou o gran nivel de interrelación entre todos estes centros educativos.

"Que a hostalería estea de moda é a consecuencia dun bo traballo"
Comentarios