A queima das madamitas volve tomar San Roque

A misa tradicional na Real Basílica de Santa María foi o punto de partida da procesión que acompañou ao santo polas rúa da cidade
Queima das madamitas. BEA CÍSCAR
photo_camera Queima das madamitas. BEA CÍSCAR
Procesión de San Roque. BEA CÍSCAR
Procesión de San Roque. BEA CÍSCAR

O 16 de agosto volveu a recuperar a rutina da que o privara a pandemia. Como cada ano ata este paréntese de dous veráns imposto polo coronavirus, a Peregrina retornou neste 2022 cun dos seus eventos máis tradicionais: a misa solemne que se realizou este martes na Basílica de Santa María a Maior.

Tras esta, a procesión de San Roque lanzouse á cidade co obxectivo de percorrer xunto ao santo a Avenida de Santa María, a rúa dos Ferreiros, Alfonso XIII e o Paseo de Colón, ata chegar á capela de San Roque. Alí, os presentes congregáronse para pechar unha procesión que tivo como punto e final a introdución do santo no templo pontevedrés.

Este non foi, sen embargo, o desenlace do evento. Aínda quedaba a tradicional queima das madamitas: uns bonecos ancorados a unhas estruturas de metal que, recheos de pólvora, estoupan co obxectivo de recrear un ritual de purificación dos "apestados".

Este ritual, un espectáculo que soe encandilar á xente e que se puido volver a desfrutar este martes, data da Idade Media e é unha tradición extendida en toda a xeografía galega.

Desta forma, puidose volver a homenaxear sen restriccións á figura de San Roque, ao que se lle atribúe a curación de enfermidades como a peste e a lepra e que actúa como patrón dunha extensa lista na que se atopan médicos, presos ou carpinteiros.

Comentarios